DOCUMENTAL “XERACIÓN DOWN”

Down Galicia estreou o pasado 20 de outubro de 2018 a curta documental “Xeración Down”, que plasma o traballo do Movemento Down en Galicia nestes 20 anos.

Sete rapaces e rapazas de todas as entidades Down de Galicia e as súas familias, explican a súa evolución grazas aos apoios recibidos nas súas asociacións e por parte da Federación durante as últimas dúas décadas.