DOWN GALICIA
MISIÓN || PRINCIPIOS || VALORES || PLAN ESTRATÉXICO || XUNTA DIRECTIVA
A Federación Down Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, que agrupa ás sete entidades específicas para a síndrome de Down da Comunidade Autónoma de Galicia. A Federación foi creada a principios do ano 1.998 para canalizar as demandas do colectivo de persoas coa síndrome de Down ante a Administración e aportar solucións para contribuír a normalizar a súa situación na sociedade. Entre as súas funcións, tamén inclúe a de coordinar, colaborar e propoñer programas de actividades ante institucións públicas e privadas para a súa posta en práctica a través das súas entidades membro.
MISIÓN
Coordinar, apoiar e impulsar o labor de contribución das entidades membro á mellora da calidade de vida de cada persoa coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais e das súas familias, a través da inclusión social e da utilización dos recursos comúns da comunidade, asumindo o establecido na Convención de Nacións Unidas sobre dereitos das persoas con discapacidade.
PRINCIPIOS
Diversidade. O normal é que sexamos diferentes
Dignidade. Son unha persoa
Autodeterminación. Vivo a miña vida
Igualdade de oportunidades. Coma ti, podo con apoio
Inclusión. A miña inclusión é o éxito de todos
VALORES
Coherencia
Compromiso
Efectividade
Participación
Reivindicación
Unión
PLAN ESTRATÉXICO
XUNTA DIRECTIVA
Presidente: Delmiro Prieto González (Down Compostela)
Vicepresidente: Manuel Pérez Cabo (Down Pontevedra “Xuntos”)
Secretario: Elías Ledo Fernández (Down Compostela)
Tesoureiro: Jorge González Rodríguez (Down Vigo)
Vogal: José Antonio Villamarín Cid (Down Lugo)
Vogal: José Martín Rodríguez (“Teima” Down Ferrol)
Vogal: Manuel Álvarez Esmorís (Down Coruña)
Vogal: Rafael Cabezas Enríquez (Down Ourense)
Consulta aquí os seus currículos
XERENCIA. Sonia Caldas Novás