SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL
O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL de DOWN GALICIA é centro colaborador do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG).
Está situado nas sedes de Down Galicia en Santiago, Vigo e Ourense e ten carácter itinerante a diferentes puntos de Galicia. Está formado por 3 orientadoras, unha para a zona Norte (A Coruña, Santiago e Ferrol), outra para a zona Sur (Pontevedra e Vigo) e outra para a zona Este (Ourense, Lugo e Monforte).
Ademais conta coa coordinación do Servizo de Emprego con Apoio das Entidades membro de Down Galicia.
Que ofrecemos?
DEMANDANTES DE EMPREGO
- Información e asesoramento: listas de contratación pública, competencias clave, certificados de profesionalidade, formación e ofertas de emprego, etc.
- Entrevistas individualizadas
- Itinerarios personalizados de inserción (IPI)
- Modificación do CV na aplicación do Servizo Público de Emprego
- Solicitude dos cursos AFD, obradoiros de emprego, etc.
- Deseño de currículo e perfil profesional
- Orientación laboral
- Apoio individualizado para a busca activa de emprego e xestión de recursos (correo electrónico, envío de CV a ofertas, etc.).
- Formación en diferentes áreas (técnicas de busca de emprego, habilidades sociolaborais, etc.)
- Accións grupais de orientación nas que traballamos autocoñecemento persoal e profesional, actitudes e comportamentos no lugar de traballo, técnicas de busca de emprego, a regulación do traballo, etc.
EMPRESAS
- Prospección e intermediación
- Bolsa de emprego
- Análise de postos de traballo e perfil das persoas candidatas
- Adaptación ao posto de traballo
- Selección de persoal
- Información sobre bonificacións, redución de cotas á Seguridade Social, subvencións, etc.
A quen nos diriximos?
- A persoas demandantes de emprego coa síndrome de Down e discapacidade intelectual xeralmente máis de 16 anos.
- A familiares directos das persoas demandantes de emprego
- Empresas e entidades públicas e privadas
- Outros axentes implicados no mercado laboral (servizos sociais, centros educativos, etc.)
Cal é o noso obxetivo?
- Mellorar a empregabilidade de persoas con discapacidade
- Facilitar a incorporación ao mercado de traballo
- Participación das persoas con discapacidade na oferta formativa
- Inclusión sociolaboral de mulleres e homes con discapacidade
- Inclusión de mulleres e homes con discapacidade na bolsa de emprego público
SEDES CENTRALES
SANTIAGO:
Teléfono: 981581167
Correo electrónico: orientacion.laboral.compostela@downgalicia.org
VIGO:
Teléfono: 9862014656
Correo electrónico: orientacion.laboral.vigo@downgalicia.org
OURENSE:
Teléfono: 988370313
Correo electrónico: orientacion.ourense@downgalicia.org
Eres unha persoa coa síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual demandante de emprego?
Descarga o noso folleto e descubre tódolos servizos que o Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia pode ofrecerche.
DESCARGA O NOSO FOLLETO INFORMATIVO
Eres unha empresa ou un axente social e comunitario?
Descarga o noso folleto con información sobre as vantaxes que pode ofrecerche o Servizo de Orientación Laboral da Federación