Punto virtual :: Down Galicia

Virtual Point of Education

 

 

Down Galicia pon a disposición de toda a comunidade educativa este Punto Virtual de Educación, que ten por finalidade favorecer a inclusión nas aulas e nos centros escolares e mellorar a coordinación e a colaboración dos distintos axentes implicados no proceso educativo.

Este portal web inclúe información, recursos e boas prácticas, facilitando así un recurso máis na atención á diversidade presente nas aulas. Deste xeito, estase a promover e a fomentar a participación e a aprendizaxe de todo o alumnado.

Neste Punto Virtual de Educación poderás atopar:

Servizo de Inclusión Educativa: información sobre o servizo de inclusión educativa das entidades Down de Galicia e sobre os conceptos clave nos que se fundamenta este servizo.

 Creación de materiais accesibles: neste apartado encontrarás información sobre as barreiras máis frecuentes, a accesibilidade dos materiais e sobre distintas metodoloxías inclusivas. Tamén terás acceso a información e recursos para facer máis accesibles os materiais empregados na aula e exemplos destes.

Preguntas frecuentes: atopa a resposta ás dúbidas que che xera ter un alumno ou alumna coa síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual na túa aula.

Bibliografía e documentación de referencia: nesta sección atoparás documentación fundamental para comprender a importancia da inclusión educativa, así como para fomentala na aula.

Consultas: envía as túas consultas a través do noso formulario.