ENTREVISTA A ROMINA ADEGA
Usuaria con discapacidade intelectual de Down Vigo

 

1. Romina, cóntanos con quen vives e como é a experiencia de vivir pola túa conta.

Vivo soa desde hai case 4 anos e coa miña parella desde hai 1 ano. A experiencia é positiva, aínda que tamén hai momentos difíciles.

 

2. Por que decidiches tomar a decisión de “marchar da casa”?

Porque xa tiña un traballo, e quería ser independente, facer a miña vida.

 

3. Deuche medo tomar esa decisión?

A verdade é que si, un pouco, sobre todo ao principio.

 

4. Como che axudou Down Vigo cando decidiches vivir na túa propia casa?

Apoiáronme no que necesitei: á hora de tomar decisións, a levar a conta dos gastos que tiña que asumir, etc…

 

5. Que foi o que máis che costou cando empezaches a vivir pola túa conta?

O que máis me costou foi xestionar os cartos

 

6. E o que menos?

O relacionado coas tarefas domésticas, non tiven problema porque xa era responsable.

 

7. E nestes momentos, estás estudando ou traballando?

Empezo para a semana nunha empresa de automoción, a xornada completa. Ata fai un par de meses traballaba tamén a xornada completa, nunha empresa de conxelados.

 

8. E que fas no teu tempo de lecer?

Saio cos meus amigos a tomar algo, pasear, etc,…

 

9. Como cres que será a túa vida dentro de 20 anos?

Pois véxome traballando, vivindo en parella e cun fillo.

 

10. Que lle dirías a un pai ou unha nai que teñan medo de que o seu fillo ou filla coa síndrome de Down ou outra discapacidade intelectual queira vivir pola súa conta?

Animaríaos a que os apoiasen, porque é unha experiencia nova, que merece a pena: tes liberdade, es independente, tomas as túas propias decisións, … Somos capaces e ademais temos apoio.

 

11. Algo máis que nos queiras contar…

Nada máis. Felicidades a Down Galicia polo aniversario e gracias polo seu traballo.