{"id":11729,"date":"2026-03-30T13:13:02","date_gmt":"2026-03-30T11:13:02","guid":{"rendered":"https:\/\/downgalicia.org\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/"},"modified":"2026-03-30T13:13:02","modified_gmt":"2026-03-30T11:13:02","slug":"down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/","title":{"rendered":"Down Espa\u00f1a alerta das pr\u00e1cticas ilegais que impiden a educaci\u00f3n inclusiva do alumnado coa s\u00edndrome de Down"},"content":{"rendered":"<p>Nas \u00faltimas semanas, <strong>os centros educativos do noso pa\u00eds iniciaron a fase de admisi\u00f3n ou solicitude de praza para o curso escolar 2026\/2027<\/strong>. \u00c9, polo tanto, o momento no que moitas familias est\u00e1n a recibir avaliaci\u00f3ns psicopedag\u00f3xicas, propostas de escolarizaci\u00f3n e, nalg\u00fans casos, <strong>presi\u00f3n para asinar documentos ou aceptar derivaci\u00f3ns do alumnado con s\u00edndrome de Down a centros de educaci\u00f3n especial<\/strong>.<\/p>\n<p>Neste contexto, desde Down Espa\u00f1a alertan \u00e1s familias dos <strong>procedementos irregulares que alg\u00fans centros educativos e administraci\u00f3ns utilizan para segregar e exclu\u00edr a estudantes con s\u00edndrome de Down<\/strong>; unha pr\u00e1ctica que vulnera o seu dereito a recibir unha educaci\u00f3n inclusiva e de calidade, reco\u00f1ecido na <strong>Constituci\u00f3n Espa\u00f1ola<\/strong> \u2014nos seus artigos 14 e 27\u2014 e na <strong>Convenci\u00f3n Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade<\/strong>.<\/p>\n<p>\u201cAs familias normalizaron, igual que gran parte da sociedade, o feito de que se vulnere o dereito \u00e1 educaci\u00f3n de calidade que defenden tanto a nosa Constituci\u00f3n como a Convenci\u00f3n Internacional no seu artigo 7\u201d, asegura Ana B. Rodr\u00edguez, asesora de Educaci\u00f3n Inclusiva de Down Espa\u00f1a. \u201cNormaliz\u00e1molo e conform\u00e1monos con pouco\u201d, afirma Rodr\u00edguez. \u201cQue pasar\u00eda \u2014preg\u00fantase a experta\u2014 se no canto da educaci\u00f3n se lle negase a un neno a asistencia m\u00e9dica por ter discapacidade? Necesitamos que as familias tomen conciencia da importancia de defender o dereito a unha educaci\u00f3n de calidade para os seus fillos e fillas porque non podemos normalizar as inxustizas\u201d, recalca.<\/p>\n<p>Para <strong>Ana B. Rodr\u00edguez<\/strong>, <strong>o sistema educativo utiliza diferentes \u201ctrampas\u201d para dificultar ou impedir a inclusi\u00f3n real do alumnado con discapacidade<\/strong>. Unha delas \u00e9 <strong>solicitar \u00e1s familias a sinatura de documentos de escolarizaci\u00f3n en contextos de presi\u00f3n ou con informaci\u00f3n incompleta<\/strong>; \u201c<strong>as familias non deben asinar estes documentos<\/strong>, xa que este tr\u00e1mite poder\u00eda facilitar a derivaci\u00f3n do seu fillo ou filla a un centro de educaci\u00f3n especial\u201d, afirma Rodr\u00edguez, que <strong>insiste no dereito das familias a \u201csolicitar tempo, pedir aclaraci\u00f3ns e, se non est\u00e1n conformes, asinar facendo constar o seu desacordo\u201d.<\/strong><\/p>\n<p>Outros procedementos que entorpecen un ensino de calidade para o alumnado con s\u00edndrome de Down, segundo indica Rodr\u00edguez, son: \u201co uso de etiquetas que reducen ao estudante ao seu diagn\u00f3stico e condicionan as expectativas do profesorado; avaliaci\u00f3ns psicopedag\u00f3xicas que, en ocasi\u00f3ns, se utilizan m\u00e1is para xustificar a exclusi\u00f3n que para identificar os apoios necesarios; ou o ditame de escolarizaci\u00f3n, un procedemento que se aplica unicamente ao alumnado con necesidades educativas especiais e que pode converterse nunha v\u00eda para limitar o seu acceso e permanencia en centros ordinarios. A isto s\u00famase a proliferaci\u00f3n de aulas espec\u00edficas dentro de centros ordinarios, que rematan convert\u00e9ndose en novas formas de segregaci\u00f3n, pois o alumnado permanece separado durante boa parte da xornada, o que limita a s\u00faa aprendizaxe e o seu desenvolvemento social e emocional\u201d.<\/p>\n<p>Estes procesos, sinala a experta, \u201cnon parten dunha an\u00e1lise das barreiras da contorna nin dunha planificaci\u00f3n real de axustes razoables, sen\u00f3n dunha l\u00f3xica centrada no d\u00e9ficit do alumno ou alumna, o que provoca que non se esgoten previamente todas as medidas de apoio dentro da aula ordinaria \u2014como a flexibilizaci\u00f3n metodol\u00f3xica, o dese\u00f1o universal para a aprendizaxe ou a presenza de apoios especializados\u2014 antes de formular opci\u00f3ns m\u00e1is restritivas\u201d.<\/p>\n<p>Para Rodr\u00edguez, \u201c<strong>as familias son o motor e o coraz\u00f3n da educaci\u00f3n inclusiva<\/strong>\u201d, a\u00ednda que, como sinala, \u201cmoitas enfr\u00f3ntanse a esta situaci\u00f3n desde o des\u00e1nimo\u201d. \u201cParece que, fagamos o que fagamos, non imos cambiar nada e isto xerou frustraci\u00f3n e indefensi\u00f3n nalgunhas familias que remataron aceptando opci\u00f3ns educativas que non desexaban\u201d. Para a experta, \u00e9 fundamental lembrar que \u201c<strong>a educaci\u00f3n inclusiva \u00e9 un dereito e que as familias poden formarse e apoiarse en ferramentas legais para defendelo<\/strong>\u201d.<\/p>\n<p>Por iso, a nosa asesora <strong>reivindica<\/strong> que as decisi\u00f3ns educativas se aval\u00eden <strong>caso por caso e coa participaci\u00f3n activa das familias<\/strong> para evitar procesos que conduzan automaticamente \u00e1 segregaci\u00f3n do alumnado con discapacidade. \u201c<strong>As familias te\u00f1en dereito a elixir centro, a co\u00f1ecer e supervisar as avaliaci\u00f3ns que se realizan e a esixir os apoios necesarios para garantir a aprendizaxe dos seus fillos e fillas<\/strong> \u2014lembra\u2014 e poden acudir a instituci\u00f3ns como o <strong>Valedor do Pobo, o Defensor do Menor, a Fiscal\u00eda de Menores e de Discapacidade, a Oficina de Atenci\u00f3n \u00e1 Discapacidade ou o CERMI<\/strong> para defender o dereito a unha educaci\u00f3n inclusiva\u201d.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa parte, o avogado especializado en educaci\u00f3n inclusiva, <strong>Juan Rodr\u00edguez Zapatero<\/strong>, lembra que existe lexislaci\u00f3n do Tribunal Supremo que consolidou que \u201c<strong>a escolarizaci\u00f3n en centros ordinarios debe ser a opci\u00f3n prioritaria<\/strong>, sempre que se proporcionen os apoios e axustes necesarios\u201d.<\/p>\n<p>\u201cA xurisprudencia establece cales son os mandatos e as obrigas que incumben \u00e1s administraci\u00f3ns educativas para garantir a efectividade deste dereito fundamental e sinala que os apoios deben ser personalizados e eficaces, de maneira que o sistema se adapte ao alumno e alumna e priorice a s\u00faa escolarizaci\u00f3n en centros educativos ordinarios. \u00c9 dicir, a derivaci\u00f3n a centros de educaci\u00f3n especial s\u00f3 pode facerse de forma excepcional e debidamente xustificada, demostrando que se esgotaron todas as medidas de inclusi\u00f3n\u201d, engade Rodr\u00edguez Zapatero.<\/p>\n<p>O letrado insiste na urxencia de que se reco\u00f1eza o dereito \u00e1 educaci\u00f3n inclusiva para todas as persoas e se aplique integramente a Convenci\u00f3n sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, \u201cinclu\u00edndo <strong>a transformaci\u00f3n dos centros de educaci\u00f3n especial en centros de apoio aos centros educativos ordinarios<\/strong>, en lugar de seguir funcionando como unha modalidade separada de escolarizaci\u00f3n, xa que isto non \u00e9 compatible co dereito a unha educaci\u00f3n inclusiva\u201d.<\/p>\n<p>Desde Down Espa\u00f1a instan \u00e1s familias a asumir o seu papel esencial para garantir unha educaci\u00f3n de calidade para os seus fillos e fillas; aos centros educativos, a traballar coa vontade e os recursos necesarios para facelo posible; e aos Gobernos, a asegurar que o sistema educativo espa\u00f1ol garanta a presenza, a participaci\u00f3n e a aprendizaxe de todo o alumnado en igualdade de condici\u00f3ns.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Informaci\u00f3n sobre o ditame de escolarizaci\u00f3n<\/strong>: dispo\u00f1ible facendo <a href=\"https:\/\/www.sindromedown.org\/storage\/2024\/03\/Dictamen-de-escolarizacion-definitivo.pdf\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">clic aqu\u00ed<\/a>.<\/li>\n<li><strong>Informaci\u00f3n sobre a avaliaci\u00f3n psicopedag\u00f3xica<\/strong>: dispo\u00f1ible <a href=\"https:\/\/www.sindromedown.org\/storage\/2024\/03\/Participacion-en-la-evaluacion-psicopedagocia-def.pdf?_gl=1*14w8elo*_up*MQ..*_ga*MjA5MjM4MzM5OC4xNzc0NTE0MDYz*_ga_QRZ7N0PTYH*czE3NzQ1MTQwNjIkbzEkZzEkdDE3NzQ1MTQwOTUkajI3JGwwJGgyMTQwMzcyNjUy\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\">premendo aqu\u00ed<\/a>.<\/li>\n<\/ul>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Nas \u00faltimas semanas, os centros educativos do noso pa\u00eds iniciaron a fase de admisi\u00f3n ou solicitude de praza para o curso escolar 2026\/2027. \u00c9, polo tanto, o momento no que [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":2,"featured_media":11730,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"give_campaign_id":0,"footnotes":""},"categories":[433,473],"tags":[434,505],"class_list":["post-11729","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-down-espana-gl-lf","category-educacion-hemeroteca-gl-lf","tag-down-espana-gl-lf","tag-educacion-gl-lf"],"acf":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.3 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>Down Espa\u00f1a alerta das pr\u00e1cticas ilegais que impiden a educaci\u00f3n inclusiva do alumnado coa s\u00edndrome de Down &#8226; Federaci\u00f3n Down Galicia<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"en_US\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Down Espa\u00f1a alerta das pr\u00e1cticas ilegais que impiden a educaci\u00f3n inclusiva do alumnado coa s\u00edndrome de Down &#8226; Federaci\u00f3n Down Galicia\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Nas \u00faltimas semanas, os centros educativos do noso pa\u00eds iniciaron a fase de admisi\u00f3n ou solicitude de praza para o curso escolar 2026\/2027. \u00c9, polo tanto, o momento no que [&hellip;]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Federaci\u00f3n Down Galicia\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2026-03-30T11:13:02+00:00\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"marketing@downgalicia.org\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Written by\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"marketing@downgalicia.org\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Est. reading time\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"5 minutes\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"marketing@downgalicia.org\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/3ca2f728cf073839dcb9aee6ac889a0b\"},\"headline\":\"Down Espa\u00f1a alerta das pr\u00e1cticas ilegais que impiden a educaci\u00f3n inclusiva do alumnado coa s\u00edndrome de Down\",\"datePublished\":\"2026-03-30T11:13:02+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\\\/\"},\"wordCount\":1111,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/03\\\/Educacion.jpg\",\"keywords\":[\"Down Espa\u00f1a\",\"Educaci\u00f3n\"],\"articleSection\":[\"Down Espa\u00f1a\",\"Educaci\u00f3n\"],\"inLanguage\":\"gl-LF\"},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\\\/\",\"name\":\"Down Espa\u00f1a alerta das pr\u00e1cticas ilegais que impiden a educaci\u00f3n inclusiva do alumnado coa s\u00edndrome de Down &#8226; Federaci\u00f3n Down Galicia\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/03\\\/Educacion.jpg\",\"datePublished\":\"2026-03-30T11:13:02+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-LF\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-LF\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/03\\\/Educacion.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2026\\\/03\\\/Educacion.jpg\",\"width\":1024,\"height\":505},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Down Espa\u00f1a alerta das pr\u00e1cticas ilegais que impiden a educaci\u00f3n inclusiva do alumnado coa s\u00edndrome de Down\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/\",\"name\":\"Federaci\u00f3n Down Galicia\",\"description\":\"Apoio a persoas con S\u00edndrome de Down\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-LF\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#organization\",\"name\":\"Federaci\u00f3n Down Galicia\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-LF\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2024\\\/07\\\/logo-sindrome-down-color.svg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2024\\\/07\\\/logo-sindrome-down-color.svg\",\"width\":271,\"height\":88,\"caption\":\"Federaci\u00f3n Down Galicia\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/3ca2f728cf073839dcb9aee6ac889a0b\",\"name\":\"marketing@downgalicia.org\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-LF\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/cf7e23aca6c471cdd853ed0cb5b921405dfdd5ec6a0946294f44f462c1d67eb6?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/cf7e23aca6c471cdd853ed0cb5b921405dfdd5ec6a0946294f44f462c1d67eb6?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/cf7e23aca6c471cdd853ed0cb5b921405dfdd5ec6a0946294f44f462c1d67eb6?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"marketing@downgalicia.org\"},\"url\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/author\\\/marketingdowngalicia-org\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Down Espa\u00f1a alerta das pr\u00e1cticas ilegais que impiden a educaci\u00f3n inclusiva do alumnado coa s\u00edndrome de Down &#8226; Federaci\u00f3n Down Galicia","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/","og_locale":"en_US","og_type":"article","og_title":"Down Espa\u00f1a alerta das pr\u00e1cticas ilegais que impiden a educaci\u00f3n inclusiva do alumnado coa s\u00edndrome de Down &#8226; Federaci\u00f3n Down Galicia","og_description":"Nas \u00faltimas semanas, os centros educativos do noso pa\u00eds iniciaron a fase de admisi\u00f3n ou solicitude de praza para o curso escolar 2026\/2027. \u00c9, polo tanto, o momento no que [&hellip;]","og_url":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/","og_site_name":"Federaci\u00f3n Down Galicia","article_published_time":"2026-03-30T11:13:02+00:00","author":"marketing@downgalicia.org","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Written by":"marketing@downgalicia.org","Est. reading time":"5 minutes"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/"},"author":{"name":"marketing@downgalicia.org","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#\/schema\/person\/3ca2f728cf073839dcb9aee6ac889a0b"},"headline":"Down Espa\u00f1a alerta das pr\u00e1cticas ilegais que impiden a educaci\u00f3n inclusiva do alumnado coa s\u00edndrome de Down","datePublished":"2026-03-30T11:13:02+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/"},"wordCount":1111,"publisher":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/downgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Educacion.jpg","keywords":["Down Espa\u00f1a","Educaci\u00f3n"],"articleSection":["Down Espa\u00f1a","Educaci\u00f3n"],"inLanguage":"gl-LF"},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/","url":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/","name":"Down Espa\u00f1a alerta das pr\u00e1cticas ilegais que impiden a educaci\u00f3n inclusiva do alumnado coa s\u00edndrome de Down &#8226; Federaci\u00f3n Down Galicia","isPartOf":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/downgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Educacion.jpg","datePublished":"2026-03-30T11:13:02+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-LF","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-LF","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/#primaryimage","url":"https:\/\/downgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Educacion.jpg","contentUrl":"https:\/\/downgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2026\/03\/Educacion.jpg","width":1024,"height":505},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/down-espana-alerta-das-practicas-ilegais-que-impiden-a-educacion-inclusiva-do-alumnado-coa-sindrome-de-down\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Down Espa\u00f1a alerta das pr\u00e1cticas ilegais que impiden a educaci\u00f3n inclusiva do alumnado coa s\u00edndrome de Down"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#website","url":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/","name":"Federaci\u00f3n Down Galicia","description":"Apoio a persoas con S\u00edndrome de Down","publisher":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-LF"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#organization","name":"Federaci\u00f3n Down Galicia","url":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-LF","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/downgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/logo-sindrome-down-color.svg","contentUrl":"https:\/\/downgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/logo-sindrome-down-color.svg","width":271,"height":88,"caption":"Federaci\u00f3n Down Galicia"},"image":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#\/schema\/logo\/image\/"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#\/schema\/person\/3ca2f728cf073839dcb9aee6ac889a0b","name":"marketing@downgalicia.org","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-LF","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/cf7e23aca6c471cdd853ed0cb5b921405dfdd5ec6a0946294f44f462c1d67eb6?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/cf7e23aca6c471cdd853ed0cb5b921405dfdd5ec6a0946294f44f462c1d67eb6?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/cf7e23aca6c471cdd853ed0cb5b921405dfdd5ec6a0946294f44f462c1d67eb6?s=96&d=mm&r=g","caption":"marketing@downgalicia.org"},"url":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/author\/marketingdowngalicia-org\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11729","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/users\/2"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=11729"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/11729\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/media\/11730"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=11729"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=11729"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=11729"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}