{"id":15449,"date":"2018-03-22T10:59:52","date_gmt":"2018-03-22T09:59:52","guid":{"rendered":"https:\/\/downgalicia.org\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/"},"modified":"2018-03-22T10:59:52","modified_gmt":"2018-03-22T09:59:52","slug":"todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/","title":{"rendered":"\u201cTodas as persoas temos os mesmos dereitos independentemente do noso n\u00famero de cromosomas\u201d"},"content":{"rendered":"<p>As persoas coa s\u00edndrome de Down reclamaron onte en Santiago de Compostela a igualdade de dereitos no acto conmemorativo do <strong>D\u00eda Mundial da s\u00edndrome de Down<\/strong>. Pamela Casagrande, condutora da gala na que tam\u00e9n se celebraban os 21 anos da Fundaci\u00f3n Down Compostela, animou aos asistentes a continuar xuntos a loita pola inclusi\u00f3n do colectivo e, coa lectura do <em>Manifesto pola promoci\u00f3n da autonom\u00eda persoal<\/em>, alzou a s\u00faa voz para dicir ben alto e ben claro que \u201cas persoas coa s\u00edndrome de Down temos dereito a estudar, a traballar, a querer, a divertirnos e a ser persoas aut\u00f3nomas e independentes\u201d.<\/p>\n<p>M\u00e1is de 350 persoas acudiron ao evento celebrado no Hostal dos Reis Cat\u00f3licos, co que a Federaci\u00f3n Down Galicia e a Fundaci\u00f3n Down Compostela quixeron conmemorar o D\u00eda Mundial da s\u00edndrome de Down que se celebra hoxe en todo o mundo.<\/p>\n<p>As persoas coa s\u00edndrome de Down e outras discapacidades intelectuais volveron a ser as protagonistas imprescindibles dun acto, presentado polo xornalista Luis Pardo, ao que asistiron os conselleiros de Sanidade e Pol\u00edtica Social, Jes\u00fas V\u00e1zquez Almu\u00ed\u00f1a e Jos\u00e9 Manuel Rey Varela, e o alcalde de Santiago de Compostela, Marti\u00f1o Noriega S\u00e1nchez.<\/p>\n<p>O presidente da Fundaci\u00f3n Down Compostela, Juan Mart\u00ednez, comezou a s\u00faa intervenci\u00f3n facendo fincap\u00e9 nos 21 anos que neste 2018 cumpre a entidade. \u201cSe hoxe celebramos o noso 21 aniversario, \u00e9 grazas a dez persoas que deron un paso para po\u00f1er en marcha Down Compostela. Sen elas a nosa vida non ser\u00eda igual, e a nosa sociedade tampouco ser\u00eda a mesma, e por elas seguiremos reclamando a igualdade de dereitos e oportunidades\u201d. Tam\u00e9n aproveitou Mart\u00ednez para agradecer \u201ca aposta de moitos dirixentes pol\u00edticos por leis pioneiras como a LISMI, a integraci\u00f3n escolar, o acceso ao emprego ordinario e \u00e1 funci\u00f3n p\u00fablica\u201d. Pero tam\u00e9n quixo amosar a s\u00faa preocupaci\u00f3n polo \u201cenfrontamento endog\u00e1mico dos nosos pol\u00edticos, que os afasta cada vez m\u00e1is da realidade e que sempre prexudica aos menos favorecidos\u201d. Como exemplos, o presidente de Down Compostela citou o retroceso na inclusi\u00f3n educativa, a diferencia no eido da igualdade de oportunidades entre comunidades aut\u00f3nomas e a pendente reforma da lei electoral.<\/p>\n<p>Pola s\u00faa parte, o presidente de Down Galicia aproveitou a primeira parte do seu discurso para felicitar \u00e1 Fundaci\u00f3n Down Compostela polo seu 21 aniversario e agradecerlles \u201co apoio e o traballo conxunto dende hai m\u00e1is de d\u00faas d\u00e9cadas\u201d. Tras este inicio, Delmiro Prieto quixo po\u00f1er de manifesto a necesidade de que o marco legal estatal se axuste m\u00e1is \u00e1 Convenci\u00f3n Internacional dos Dereitos das Persoas con Discapacidade asinada por Espa\u00f1a en 2008. Neste sentido, aproveitou a presenza institucional dos representantes auton\u00f3micos e municipais para solicitar implicaci\u00f3n ante estas cuesti\u00f3ns, ao tempo que agradeceu toda a colaboraci\u00f3n recibida para po\u00f1er en valor as capacidades das persoas coa s\u00edndrome de Down e facelas m\u00e1is visibles. Prieto puxo tam\u00e9n o foco na pol\u00e9mica Lei de educaci\u00f3n (LOMCE) por \u201cvulnerar os dereitos fundamentais das persoas con discapacidade, pola s\u00faa tendencia segregadora e pola ausencia de ferramentas que fomenten a verdadeira inclusi\u00f3n nas aulas\u201d. As\u00ed mesmo, quixo salientar a importancia do envellecemento das persoas coa s\u00edndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, xa que o aumento da s\u00faa esperanza de vida pon de manifesto a necesidade de levar a cabo actuaci\u00f3ns que aborden esta nova situaci\u00f3n.<\/p>\n<p><strong>\u00a0<\/strong><\/p>\n<p><strong>VII Premios Down Compostela<\/strong><\/p>\n<p>Un dos puntos \u00e1lxidos da noite foi a entrega dos <strong>VII Premios Down Compostela<\/strong>, que te\u00f1en por obxecto reco\u00f1ecer o labor a prol da promoci\u00f3n da autonom\u00eda e igualdade das persoas coa s\u00edndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, realizado tanto por instituci\u00f3ns e entidades como por persoas particulares.<\/p>\n<p>Neste 2018 a Fundaci\u00f3n Down Compostela acordou distinguir o traballo que ve\u00f1en realizando a empresa <strong>Cafento<\/strong>, a directora do Centro Instituci\u00f3ns Galicia de Caixabank, <strong>Mar\u00eda Jes\u00fas Garc\u00eda Pi\u00f1eiro<\/strong>, o Colexio <strong>\u201cNuestra Se\u00f1ora del Rosario\u201d<\/strong> de Arz\u00faa, e a voluntaria <strong>M\u00aa Magdalena Gonz\u00e1lez Barreiro<\/strong>.<\/p>\n<p><strong>Francisco Fianza<\/strong> quixo agradecer a <strong>Cafento<\/strong> que desde 2012 contribu\u00edra \u201ca facer visible, mellorar e normalizar a imaxe das persoas con discapacidade intelectual\u201d. \u201cQueremos agradecer que sigades ao noso lado, d\u00e1ndonos oportunidades e abrindo novos cami\u00f1os para as persoas coa s\u00edndrome de Down\u201d, engadiu Fran. <strong>Alex Lado<\/strong> fixo entrega do Premio Down Compostela 2018 a Pelayo Collantes Fern\u00e1ndez, responsable do departamento de m\u00e1rketing de Cafento.<\/p>\n<p><strong>\u00d3scar Carril<\/strong> deu as grazas a <strong>Mar\u00eda Jes\u00fas Garc\u00eda Pi\u00f1eiro<\/strong> por apoiar ao Grupo de Teatro de Down Compostela, facendo fincap\u00e9 no importante que \u00e9 para as persoas coa s\u00edndrome de Down \u201cpoder demostrar que somos capaces de memorizar largos textos, representar personaxes, seguir un gui\u00f3n e sacar adiante un espect\u00e1culo con \u00e9xito\u201d. <strong>El\u00edas Ledo<\/strong> foi o encargado de entregarlle o Premio Down Compostela 2018 \u00e1 galardoada.<\/p>\n<p><strong>Pepa Lockhart<\/strong> presentou o premio outorgado ao <strong>Colexio Nuestra Se\u00f1ora del Rosario de Arz\u00faa<\/strong>, \u201cpor todo o traballo feito ata agora en materia de inclusi\u00f3n educativa\u201d. Pepa quixo aproveitar para reivindicar que \u201dna escola haxa un sitio para todas e todos, onde poder aprender e onde todos os nenos e nenas te\u00f1an presencia e participaci\u00f3n\u201d. Trala s\u00faa intervenci\u00f3n, <strong>Pablo Balado<\/strong> fixo entrega do Premio Down Compostela 2018 a M\u00aa de los \u00c1ngeles Santamarta Rodr\u00edguez, directora do centro.<\/p>\n<p>Por \u00faltimo, entregouse o Premio Extraordinario \u201c21 anos contigo\u201d a <strong>M\u00aa Magdalena Gonz\u00e1lez Barreiro<\/strong>. <strong>Carmi\u00f1a Romero<\/strong> agradeceu a Malena o seu apoio cont\u00ednuo. \u201cEntreg\u00e1mosche este premio pola t\u00faa dedicaci\u00f3n incondicional, pola t\u00faa capacidade de colaborar, por participar en todas as nosas actividades e pola alegr\u00eda coa que o fas\u201d, pechou Carmi\u00f1a a s\u00faa intervenci\u00f3n. <strong>Cristina Freire<\/strong> foi a encargada de entregar o galard\u00f3n m\u00e1is emotivo da noite.<\/p>\n<p>Durante a entrega de premios, o Grupo de Teatro Down Compostela presentou un avance da s\u00faa nova obra de teatro <strong>\u201cA mansi\u00f3n de Jos\u00e9 Cruz<\/strong>, que se estrear\u00e1 antes do ver\u00e1n. Ademais, os asistentes tam\u00e9n puideron desfrutar cun v\u00eddeo que amosou o percorrido de Down Compostela nestes 21 anos e coa presentaci\u00f3n do v\u00eddeoclip da canci\u00f3n <a href=\"https:\/\/youtu.be\/SDUBlwWB4Ik\" target=\"_blank\" rel=\"noopener\"><strong>\u201cTres en raia\u201d<\/strong><\/a>, que A banda da Loba dedica a todas as persoas coa s\u00edndrome de Down e cedeu a Down Compostela. A canci\u00f3n forma parte do primeiro disco do grupo compostel\u00e1, \u2018Bailando as r\u00faas\u2019.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<p><strong>Iluminaci\u00f3n dos principais monumentos de Galicia<\/strong><\/p>\n<p>Os principais monumentos das sete grandes cidades de Galicia conmemoraron onte o D\u00eda Mundial da s\u00edndrome de Down. A Torre de H\u00e9rcules, a muralla de Lugo, o Hostal dos Reis Cat\u00f3licos, a Cidade da Cultura, a Ponte Romana de Ourense, os concellos de Ferrol, Pontevedra e Santiago de Compostela, as Fontes de Arag\u00f3n de Vigo e a de Catro Cami\u00f1os na Coru\u00f1a, e os edificios das Deputaci\u00f3ns de Pontevedra e Lugo estar\u00e1n iluminados de azul e amarelo na tarde-noite deste m\u00e9rcores 21 de marzo.<\/p>\n<p>Naci\u00f3ns Unidas aprobou en novembro de 2011 a declaraci\u00f3n do 21 de marzo como D\u00eda Mundial da s\u00edndrome de Down. Establ\u00e9cese esta data, o 21 de marzo [21\/03] como un s\u00edmbolo, en referencia \u00e1 triplicaci\u00f3n [trisom\u00eda] do cromosoma 21 que se traduce na condici\u00f3n xen\u00e9tica da s\u00edndrome de Down.<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>As persoas coa s\u00edndrome de Down reclamaron onte en Santiago de Compostela a igualdade de dereitos no acto conmemorativo do D\u00eda Mundial da s\u00edndrome de Down. Pamela Casagrande, condutora da gala na que tam\u00e9n se celebraban os 21 anos da&#8230;<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":15450,"comment_status":"closed","ping_status":"closed","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_acf_changed":false,"give_campaign_id":0,"footnotes":""},"categories":[456,444,592],"tags":[],"class_list":["post-15449","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-down-compostela-gl-lf","category-down-galicia-gl-lf","category-noticias-sindrome-de-down-gl-lf"],"acf":[],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v28.3 - https:\/\/yoast.com\/product\/yoast-seo-wordpress\/ -->\n<title>\u201cTodas as persoas temos os mesmos dereitos independentemente do noso n\u00famero de cromosomas\u201d &#8226; Federaci\u00f3n Down Galicia<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"en_US\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"\u201cTodas as persoas temos os mesmos dereitos independentemente do noso n\u00famero de cromosomas\u201d &#8226; Federaci\u00f3n Down Galicia\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"As persoas coa s\u00edndrome de Down reclamaron onte en Santiago de Compostela a igualdade de dereitos no acto conmemorativo do D\u00eda Mundial da s\u00edndrome de Down. Pamela Casagrande, condutora da gala na que tam\u00e9n se celebraban os 21 anos da...\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Federaci\u00f3n Down Galicia\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2018-03-22T09:59:52+00:00\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"produccion@visualpublinet.com\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Written by\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"produccion@visualpublinet.com\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Est. reading time\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"6 minutes\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\\\/\\\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"Article\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\\\/#article\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\\\/\"},\"author\":{\"name\":\"produccion@visualpublinet.com\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/317730a00185114c76a219b94bddef15\"},\"headline\":\"\u201cTodas as persoas temos os mesmos dereitos independentemente do noso n\u00famero de cromosomas\u201d\",\"datePublished\":\"2018-03-22T09:59:52+00:00\",\"mainEntityOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\\\/\"},\"wordCount\":1288,\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#organization\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/06\\\/Dia-Mundial-4.jpg\",\"articleSection\":[\"Down Compostela\",\"Down Galicia\",\"Noticias do Movemento Down\"],\"inLanguage\":\"gl-LF\"},{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\\\/\",\"name\":\"\u201cTodas as persoas temos os mesmos dereitos independentemente do noso n\u00famero de cromosomas\u201d &#8226; Federaci\u00f3n Down Galicia\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\\\/#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\\\/#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/06\\\/Dia-Mundial-4.jpg\",\"datePublished\":\"2018-03-22T09:59:52+00:00\",\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\\\/#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"gl-LF\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\\\/\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-LF\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\\\/#primaryimage\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/06\\\/Dia-Mundial-4.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2025\\\/06\\\/Dia-Mundial-4.jpg\",\"width\":1620,\"height\":1080},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\\\/#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"\u201cTodas as persoas temos os mesmos dereitos independentemente do noso n\u00famero de cromosomas\u201d\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#website\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/\",\"name\":\"Federaci\u00f3n Down Galicia\",\"description\":\"Apoio a persoas con S\u00edndrome de Down\",\"publisher\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#organization\"},\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":{\"@type\":\"PropertyValueSpecification\",\"valueRequired\":true,\"valueName\":\"search_term_string\"}}],\"inLanguage\":\"gl-LF\"},{\"@type\":\"Organization\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#organization\",\"name\":\"Federaci\u00f3n Down Galicia\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/\",\"logo\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-LF\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\",\"url\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2024\\\/07\\\/logo-sindrome-down-color.svg\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/wp-content\\\/uploads\\\/2024\\\/07\\\/logo-sindrome-down-color.svg\",\"width\":271,\"height\":88,\"caption\":\"Federaci\u00f3n Down Galicia\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#\\\/schema\\\/logo\\\/image\\\/\"}},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/#\\\/schema\\\/person\\\/317730a00185114c76a219b94bddef15\",\"name\":\"produccion@visualpublinet.com\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"gl-LF\",\"@id\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/282ee20c78c1b1137175d4ab9f75785d8c239d499b1376df3ba16efa213b7b10?s=96&d=mm&r=g\",\"url\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/282ee20c78c1b1137175d4ab9f75785d8c239d499b1376df3ba16efa213b7b10?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\\\/\\\/secure.gravatar.com\\\/avatar\\\/282ee20c78c1b1137175d4ab9f75785d8c239d499b1376df3ba16efa213b7b10?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"produccion@visualpublinet.com\"},\"sameAs\":[\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\"],\"url\":\"https:\\\/\\\/downgalicia.org\\\/gl-lf\\\/author\\\/produccionvisualpublinet-com\\\/\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"\u201cTodas as persoas temos os mesmos dereitos independentemente do noso n\u00famero de cromosomas\u201d &#8226; Federaci\u00f3n Down Galicia","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/","og_locale":"en_US","og_type":"article","og_title":"\u201cTodas as persoas temos os mesmos dereitos independentemente do noso n\u00famero de cromosomas\u201d &#8226; Federaci\u00f3n Down Galicia","og_description":"As persoas coa s\u00edndrome de Down reclamaron onte en Santiago de Compostela a igualdade de dereitos no acto conmemorativo do D\u00eda Mundial da s\u00edndrome de Down. Pamela Casagrande, condutora da gala na que tam\u00e9n se celebraban os 21 anos da...","og_url":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/","og_site_name":"Federaci\u00f3n Down Galicia","article_published_time":"2018-03-22T09:59:52+00:00","author":"produccion@visualpublinet.com","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Written by":"produccion@visualpublinet.com","Est. reading time":"6 minutes"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"Article","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/#article","isPartOf":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/"},"author":{"name":"produccion@visualpublinet.com","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#\/schema\/person\/317730a00185114c76a219b94bddef15"},"headline":"\u201cTodas as persoas temos os mesmos dereitos independentemente do noso n\u00famero de cromosomas\u201d","datePublished":"2018-03-22T09:59:52+00:00","mainEntityOfPage":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/"},"wordCount":1288,"publisher":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#organization"},"image":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/downgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Dia-Mundial-4.jpg","articleSection":["Down Compostela","Down Galicia","Noticias do Movemento Down"],"inLanguage":"gl-LF"},{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/","url":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/","name":"\u201cTodas as persoas temos os mesmos dereitos independentemente do noso n\u00famero de cromosomas\u201d &#8226; Federaci\u00f3n Down Galicia","isPartOf":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/downgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Dia-Mundial-4.jpg","datePublished":"2018-03-22T09:59:52+00:00","breadcrumb":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/#breadcrumb"},"inLanguage":"gl-LF","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-LF","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/#primaryimage","url":"https:\/\/downgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Dia-Mundial-4.jpg","contentUrl":"https:\/\/downgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2025\/06\/Dia-Mundial-4.jpg","width":1620,"height":1080},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/todas-as-persoas-temos-os-mesmos-dereitos-independentemente-do-noso-numero-de-cromosomas\/#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"\u201cTodas as persoas temos os mesmos dereitos independentemente do noso n\u00famero de cromosomas\u201d"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#website","url":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/","name":"Federaci\u00f3n Down Galicia","description":"Apoio a persoas con S\u00edndrome de Down","publisher":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#organization"},"potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/?s={search_term_string}"},"query-input":{"@type":"PropertyValueSpecification","valueRequired":true,"valueName":"search_term_string"}}],"inLanguage":"gl-LF"},{"@type":"Organization","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#organization","name":"Federaci\u00f3n Down Galicia","url":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/","logo":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-LF","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#\/schema\/logo\/image\/","url":"https:\/\/downgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/logo-sindrome-down-color.svg","contentUrl":"https:\/\/downgalicia.org\/wp-content\/uploads\/2024\/07\/logo-sindrome-down-color.svg","width":271,"height":88,"caption":"Federaci\u00f3n Down Galicia"},"image":{"@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#\/schema\/logo\/image\/"}},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/#\/schema\/person\/317730a00185114c76a219b94bddef15","name":"produccion@visualpublinet.com","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"gl-LF","@id":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/282ee20c78c1b1137175d4ab9f75785d8c239d499b1376df3ba16efa213b7b10?s=96&d=mm&r=g","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/282ee20c78c1b1137175d4ab9f75785d8c239d499b1376df3ba16efa213b7b10?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/282ee20c78c1b1137175d4ab9f75785d8c239d499b1376df3ba16efa213b7b10?s=96&d=mm&r=g","caption":"produccion@visualpublinet.com"},"sameAs":["https:\/\/downgalicia.org"],"url":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/author\/produccionvisualpublinet-com\/"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15449","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=15449"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/15449\/revisions"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/media\/15450"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=15449"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=15449"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/downgalicia.org\/gl-lf\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=15449"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}