UN EVENTO ÚNICO PARA UN ANIVERSARIO IRREPETIBLE

 

 

Down Galicia cumpre este ano dúas décadas de intenso traballo, de logros e progresos. A inclusión real na sociedade está a deixar de ser unha utopía para converterse nunha realidade. Pero aínda queda moito camiño por percorrer.

 

Un gran evento para celebrar o 20 aniversario

Para celebrar o camiño percorrido, a Federación está a preparar un gran evento lúdico-festivo repleto de música, humor, maxia e reivindicacións, que incluirá a entrega dos V Premios Down Galicia e a proxección da curta documental “Xeración Down”, na que se porán de manifesto os cambios sociais acontecidos ao redor da síndrome de Down nestas dúas décadas.

O cartel deste acontecemento único xuntará a artistas amplamente recoñecidos con outros de ámbito máis local: De Vacas, Lucía Pérez, o Coro da Rá, o Mago Rafa,…
Consulta neste enlace toda a información sobre os e as artistas convidadas.

Esta “Festa pola inclusión” estará aberta a toda a sociedade galega e terá lugar o vindeiro sábado 20 de outubro ás 20:00 horas no Auditorio Abanca de Santiago de Compostela (Rúa do Preguntoiro, nº 23), en pleno corazón da capital de Galicia.

O custe das entradas (10€) será integramente destinado ós programas que Down Galicia e as súas entidades levan a cabo e que actualmente dan servizo a 658 familias.

 

Onde podes mercar as túas entradas?

A partir do 8 de outubro ás 9:00h poderás facerte coa túa entrada a través desta ligazón de Ataquilla, a través do 902 504 500 ou nos seguintes puntos de venta físicos:
– Sede Afundación Santiago de Compostela (R/ Vilar, 19)
– Sede Afundación Vigo (R/ Policarpo Sanz, 26)
– Sede Afundación A Coruña (Cantón Grande, 8)
– Sede Afundación Ourense (Plaza Mayor, 4)

E, por suposto, o propio día do evento na taquilla do Auditorio Abanca.

 

E se non podes vir, pero desexas colaborar coa nosa campaña “Está na túa man”, poderás facelo a través de Paypal ou da Fila 0 habilitada para a ocasión: ES6920800376673040011066 (ABANCA).

Consulta neste enlace toda a información sobre como podes colaborar connosco e a que irá destinada a túa achega.

 

Colaboradores do evento

Para a consecución deste evento, Down Galicia contou con moitos colaboradores dos eidos público e privado que aportaron o seu grao de area mediante achegas económicas ou en especie.

Así, a Consellería de Política Social, Afundación-Obra Social Abanca, Lau Creaciones, Fontecelta, Toldos Gómez, Stampa, Abella Creativa e Eco Escuela de Arte colaboraron coa posta en marcha do 20 aniversario da Federación.

 

Facer realidade a verdadeira inclusión #EstáNaTúaMan.

Esperámosvos!