Novas

O proxecto de educación inclusiva de Down Galicia recibe un dos Premios á Innovación Social da Fundación “La Caixa”

A Federación Down Galicia recibiu onte un dos dez Premios “La Caixa” á Innovación Social que a Fundación bancaria outorgou a entidades sociais de todo o país, recoñecendo así a importancia da educación inclusiva para o alumnado con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. “Unha escola para tod@s” foi un dos proxectos escollidos de…

Ler máis

Down Galicia e a Consellería de Educación presentan un protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual

Representantes da Federación Down Galicia e da Consellería de Educación presentaron esta mañá na Cidade da Cultura o Protocolo para a atención educativa do alumnado coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, que ten como eixo central o dereito de todo o alumnado a unha educación inclusiva, equitativa e de calidade, que promova as súas…

Ler máis

A nova aplicación da renda non permite ás persoas contribuíntes marcar a “X Solidaria”

As ONG detectaron que a nova aplicación para móbiles destinada a facer a declaración da renda non permite marcar a “X Solidaria”. As entidades alertan á cidadanía sobre a necesidade de comprobar se teñen marcada a casiña 106 de Actividades de Interese Social.   As organizacións sociais fan esta chamada ás persoas contribuíntes porque esta…

Ler máis

A nova edición de ‘Solidarios non stop’ de BBVA apoiará o proxecto de inclusión educativa de Down Galicia

Achégase unha nova edición de Solidarios Non Stop, o reto deportivo que BBVA Asset Management leva a cabo co obxectivo de apoiar economicamente a varias entidades non lucrativas de todo o país. Durante a fin de semana do 15, 16 e 17 de xuño, os e as participantes nesta iniciativa percorrerán por relevos o Camiño…

Ler máis

Down Galicia e o Parlamento asinan un protocolo para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

Delmiro Prieto, presidente da Federación Down Galicia, e Miguel Ángel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, asinaron esta mañá un protocolo de colaboración para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. O acordo fixa as condicións para comezar a desenvolver actividades que promovan e fortalezan as opcións de empregabilidade…

Ler máis