Novas

Grupo Cimd continúa colaborando co programa de inclusión educativa de Down Galicia

Grupo Cimd da continuidade á colaboración co proxecto “Unha escola para tod @s: inclusión educativa de alumnos coa síndrome de Down” de Down Galicia cunha achega de 10.000 euros. Este proxecto beneficia a 149 alumnos e alumnas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual membros das entidades Down, escolarizados en 124 centros da Comunidade Autónoma…

Ler máis

O período estival remata con 14 novas insercións laborais de persoas usuarias de entidades Down en Galicia

O verán de 2017 chegou xa ao seu fin, pero deixou un moi bo sabor de boca en moitas das persoas participantes no programa de Emprego das entidades Down de Galicia. E é que nestes catro meses, os que van de xuño a setembro, 20 persoas pertencentes ás distintas entidades membro da Federación Down Galicia,…

Ler máis

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia supera o millar de accións no pasado período

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia contabilizou no pasado período 1.337 accións de orientación para un total de 369 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en busca activa de emprego, incrementado o número de persoas atendidas con respecto ao período anterior nun 3,65%. As accións desenvolvéronse entre febreiro de 2016…

Ler máis

O Encontro autonómico de persoas usuarias, familias e profesionais de Down Galicia reúne a máis de 400 participantes

O intercambio de ideas foi o eixo central do Encontro 2017 de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, familias e profesionais de Down Galicia celebrado hoxe no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela. Este encontro autonómico, ao que asistiron máis de 400 persoas, tivo por obxectivo principal proporcionar un espazo de encontro no…

Ler máis

O Concello de Narón asina un novo convenio de colaboración con Teima Down Ferrol

A alcaldesa do Concello de Narón, Marián Ferreiro Díaz, e a presidenta de Teima Down Ferrol, Patricia Serantes, asinaron no día de onte un novo convenio de colaboración entre ambas entidades. Nesta ocasión, a achega de 10.000€ irá destinada ao desenvolvemento do Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (SEPAP) que Teima leva a cabo desde…

Ler máis