Novas

As persoas coa síndrome de Down alzan a súa voz no Día Mundial da síndrome de Down

A Praza da Pedreira de Pontevedra foi o escenario escollido pola Federación Down Galicia e por Down Pontevedra “Xuntos” para conmemorar un novo Día Mundial da Síndrome de Down. Baixo o lema “Incluír é construír”, as persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual reclamaron, un ano máis, os seus dereitos e defenderon a riqueza…

Ler máis

Mónica Otero: “Premiamos ás persoas e entidades que nos axudan a construír unha sociedade máis xusta”

Mónica Otero reivindicou esta noite os dereitos das persoas coa Síndrome de Down e animou aos asistentes á gala de entrega dos Premios Down Compostela a “tomar conciencia de que sen a vosa axuda, a normalización da vida das persoas con discapacidade nunca será completa”. “Hoxe queremos premiar ás persoas e entidades que nos axudan…

Ler máis

Down Galicia, USC e Valedor do Pobo promoven unha xornada sobre os desafíos dos dereitos das persoas con discapacidade

Down Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a institución do Valedor do Pobo organizaron de maneira conxunta a xornada “O desafío dos dereitos das persoas con discapacidade”, que tivo lugar o pasado 14 de marzo na sala de xuntas do Decanato da Facultade de Dereito de Santiago de Compostela. A inauguración da mesma…

Ler máis