Novas

Usuarios e usuarias de Down Vigo participan nas hortas urbanas do Concello de Vigo

Vinte e cinco usuarios e usuarias de Down Vigo participan desde o pasado día 10 de abril no programa de implantación de hortas-escola que a Concellería de Medio Ambiente do Concello de Vigo está a levar a cabo. Esta iniciativa, consistente nunha formación básica a cargo de técnicos do Concello, poñerá en contacto a persoas…

Ler máis

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense e Down Ourense asinan un convenio para impulsar “Emprego con apoio”

A Asociación de Jóvenes Empresarios de Ourense asinou este venres  un convenio de colaboración coa Asociación Down Ourense co fin de promover e impulsar entre os seus asociados o programa “Emprego con apoio”, dedicado a desenvolver as habilidades sociolaborais de persoas coa síndrome de Down ou discapacidade intelectual, para aumentar as súas posibilidades de inclusión…

Ler máis

Down Compostela apoia o recurso ante o Tribunal Constitucional para restablecer o dereito ó voto dunha moza con discapacidade

A Fundación Down Compostela, a Federación Down España e o CERMI Estatal manifestaron o seu apoio á familia de Mara G.C. e manifestado o seu respaldo ao recurso de amparo que anuncian ante o Tribunal Constitucional para que o Alto Tribunal repoña o dereito ao voto á moza con discapacidade intelectual. O presidente de Down…

Ler máis

O 46,8% da cidadanía galega non marca o recadro de Fins Sociais na declaración da Renda

As entidades do terceiro sector galego xuntáronse en Santiago esta mañá, representadas por EAPN-Galicia, CERMI-Galicia e a Coordinadora Galega de ONGD, para facer balance das cifras recadadas o ano pasado en Galicia mediante a asignación do 0’7% do IRPF ao recadro de Fins Sociais (Actividades de Interese Xeral consideradas de Interese Social). Na rolda de…

Ler máis

Unha mirada fotográfica sobre a vida cotiá das persoas con discapacidade

O Palacete de Mendoza de Pontevedra, sede de Turismo Rías Baixas, acolle ata o próximo 22 de abril a exposición As persoas con discapacidade na vida cotiá. A mostra, organizada pola Fundación Grupo Norte e o Instituto Universitario para la Integración en la Comunidad da Universidade de Salamanca coa colaboración de Down Galicia, componse de…

Ler máis