Novas

A Consellería de Traballo e Benestar colabora na inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, destinou 4.800€ ao proxecto “Voluntariado e adestramento en habilidades complementarias ó posto de traballo para persoas coa síndrome de Down” de Down Galicia. Esta axuda enmárcase no programa de Voluntariado Xuvenil da Xunta de Galicia. O obxectivo principal do proxecto é…

Ler máis

A Asociación de Pasteleiros de Ourense pon á venda 2.500 piruletas solidarias para colaborar con Down Ourense

Esta iniciativa foi presentada polo presidente da Asociación de Pasteleros e Confiteros de Ourense, Martín Sousa, e a presidenta de Down Ourense, Mara Prieto, que animaba “a todos e a todas a colaborar con esta campaña”. Cada chocolatina solidaria, que terá a forma do logo Down, venderase a 1 euro e a cantidade recadada será…

Ler máis

Traballo e Benestar apoia o proxecto “O meu mundo en fotos” de Down Galicia

A directora xeral de Xuventude e Voluntariado, Cecilia Vázquez, e o presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, puxeron esta mañá o broche final ó obradoiro de fotografía “O meu mundo en fotos” coa entrega dos diplomas ós participantes no proxecto. Esta actividade, organizada por Down Galicia, está subvencionada pola Consellería de Traballo e Benestar, que…

Ler máis

O equipo “Los playeros” de Down Vigo gaña o IV Campionato de Baristas Down

O equipo Los Playeros, da Asociación Down Vigo, foi o gañador do IV Campionato de Baristas Down que se celebrou o pasado domingo na terraza do restaurante Porta Faxeira, mentres que Los Baristas Increíbles, da Fundación Down Compostela, conseguiu o segundo posto. Todos eles foron premiados cunhas prácticas laborais en establecementos hostaleiros de Santiago de Compostela e…

Ler máis

Premio “Mellor Proxecto TIC con beneficios sociais 2015” para Down Galicia

O Colexio Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia outorgaron, en colaboración coa Amtega, o Premio “Mellor Proxecto TIC con beneficios sociais 2015” a Down Galicia polo seu proxecto “Aulas interactivas para a estimulación cognitiva de alumnos coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual”. O galardón recoñece o carácter innovador da idea,…

Ler máis