Novas

“Adaptámonos de marabilla ó noso posto de traballo”. Ángeles Sabarís e Carmen García explican a súa experiencia laboral na presentación de Juntos Somos Capaces

Preto de 20 empresas que desenvolven a súa actividade nas Rías Baixas asistiron hoxe en Sanxenxo a un encontro empresarial organizado pola Fundación Mapfre que serviu como presentación do programa “Juntos Somos Capaces”. Trátase dun proxecto para promover a inclusión laboral de persoas con discapacidade intelectual e enfermidade mental e que desde 2010 facilitou a…

Ler máis

A Fundación Randstad premia o proxecto de emprego de Down Galicia

Down Galicia vén de recibir o premio da Fundación Randstad na categoría Institucional grazas ao seu proxecto “Potenciando o talento profesional: emprego con apoio”. A secretaría técnica de selección de premiados valorou a ampla traxectoria de Down Galicia a prol da inclusión social, o seu grao de asociacionismo e colaboración, o rigor do proxecto, os…

Ler máis

Agustín Huete: “A síndrome de Down é invisible para as enquisas”

O profesor da Universidade de Salamanca, Agustín Huete, presentou o estudo “Demografía da poboación coa síndrome de Down” no marco do Encontro de Familias de Down Galicia. Entre outras conclusións, salientou que as persoas coa síndrome de Down son invisibles para as enquisas e afirmou que existe unha profunda carencia de datos no relativo a…

Ler máis

O composto nutritivo que mellora a capacidade cognitiva das persoas coa Síndrome de Down chegará ás farmacias no mes de xuño co nome FontUP

As máis de 400 persoas que se deron cita no II Encontro de Familias organizado por Down Galicia puideron coñecer de primeira man a próxima comercialización dun complemento alimenticio que contén epigalocatequina galato (EGCG), unha sustancia natural presente no té verde que mellora a capacidade cognitiva das persoas coa Síndrome de Down. Baixo o nome…

Ler máis

As orientadoras laborais de Down Galicia asisten á xornada informativa do Servizo público de emprego

Neste encontro, que se celebra anualmente, o persoal dos centros colaboradores do servizo público de emprego de Galicia coñece as novidades postas en marcha pola Consellaría de Traballo, así como cuestións técnicas e loxísticas que lles poidan afectar no desenvolvemento da súa actividade profesional. A xornada, que tivo lugar no Pazo de Congresos e Exposicións…

Ler máis