Novas

Encontro de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, familias e técnicos de entidades Down en Galicia

O sábado 30 de maio, no C.I.F.P. Politécnico de Santiago, celebraremos o encontro de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual, familias e técnicos de entidades Down en Galicia. O obxectivo principal é o de facilitar un espazo informal no que as persoas con discapacidade e as súas familias poidan intercambiar experiencias, coñecerse mellor e…

Ler máis

17 persoas concorren ás probas para a bolsa de emprego convocadas pola Deputación de Pontevedra

Un total de 17 persoas das entidades Down en Pontevedra e Vigo presentaranse mañá, martes 12 de maio, á proba para bolsa de emprego da Deputación de Pontevedra para contratacións temporais. Trátase dunha convocatoria que contempla entre os postos ofertados, a categoría de Ordenanza reservado para persoas con discapacidade intelectual, grupo E, sendo a primeira…

Ler máis

17 persoas de entidades Down en Galicia concorren ás oposicións para persoas con discapacidade intelectual convocadas pola Administración central

Un total de 17 persoas das entidades Down en Galicia presentaranse mañá, sábado 9 de maio, ao exame das oposicións convocadas pola Administración central do Estado para persoas con discapacidade intelectual. Esta proba, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, corresponde á primeira fase do proceso selectivo para…

Ler máis

Preto do 80% das persoas participantes no programa de emprego de Down Galicia contou cunha oportunidade laboral

Durante o exercicio 2014, un total de 123 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual contaron polo menos cun contrato de traballo ou cunha práctica laboral. Este dato supón que o 77,8% das persoas que participan no programa de emprego con apoio das entidades Down en Galicia tivo acceso a un posto de traballo…

Ler máis

O CERMI pide ao PP que reforme a lei electoral para que as persoas con discapacidade intelectual poidan votar

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) solicitou este mércores ao portavoz do Grupo Popular, Rafael Hernando, un cambio na Ley Orgánica del Régimen Electoral Judicial para que as 80.000 persoas con discapacidade intelectual incapacitadas xudicialmente poidan exercer o seu dereito ao voto nas próximas eleccións. Así o manifestou o presidente do…

Ler máis