Novas

Down Galicia demanda que non se restrinxa a accesibilidade das persoas con dificultades á FP Básica

Down Galicia, como entidade representativa dun colectivo que leva máis de 15 anos loitando pola inclusión educativa de todas as persoas, vén de presentar unha serie de achegas ao borrador do decreto que regula a Formación Profesional Básica. As achegas refírense, fundamentalmente, á necesidade de que dito decreto recolla todas as medidas precisas para garantir…

Ler máis

Os mozos e mozas de Down Compostela elixen a Elías Ledo para representalos no Padroado da Fundación

Elías Ledo Fernández, con 17 votos, foi o gañador das eleccións convocadas entre os mozos e mozas maiores de idade de Down Compostela para representar ás persoas con discapacidade no Padroado da Fundación. Nos comicios participaron outros dous candidatos: Adrián Cutrín, que conseguiu 14 votos, e Yone Zas, que logrou 10. Os tres aspirantes coincidiron…

Ler máis

Mozos e mozas coa síndrome de Down de Pontevedra aprenden Novas Tecnoloxías para mellorar o seu acceso ao mundo laboral

Esta mañá presentouse na cidade de Vigo o proxecto “Yo me prep@ro”, un programa de formación en TIC para mozos e mozas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual da provincia de Pontevedra, dirixido á inserción laboral en empresas ordinarias. O programa, que conta coa colaboración da Fundación Vodafone España, realizarase nas asociacións Down Vigo…

Ler máis

O CERMI-Galicia comparece na Comisión de Discapacidade do Parlamento

O presidente do Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade en Galicia (CERMI Galicia), Anxo Queiruga Vila, compareceu esta mañá no Parlamento de Galicia con motivo da inauguración da Comisión non permanente de seguimento das políticas relativas á Discapacidade e elaboración de novas propostas a prol da integración das persoas con Discapacidade. O…

Ler máis

Preto do 80% das persoas usuarias do programa de emprego de Down Galicia tivo unha oportunidade laboral no 2013

No pasado exercicio 2013, un total de 118 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual contaron polo menos cun contrato de traballo ou cunha práctica laboral. Este dato supón que o 77,63% das persoas usuarias do programa de emprego con apoio das entidades Down en Galicia tivo acceso a un posto de traballo nese…

Ler máis