Novas

Cinco mozos e mozas coa síndrome de Down traballarán nun hotel de A Coruña o vindeiro verán

A iniciativa, que parte dun convenio asinado entre Down Coruña e o hotel Hesperia Finisterre, situado no paseo de O Parrote, tin como obxectivo “favorecer a inclusión social e laboral deste colectivo”. Grazas a este proxecto, denominado “Down Hotel by Finisterre”, os cinco mozos e mozas comezaron co seu período de formación, que lles ocupará…

Ler máis

Vero Boquete concede 3 bolsas a Down Compostela para asistir ao seu campus de fútbol

A capitana da selección española de fútbol, Verónica Boquete, visitou a Fundación Downn Compostela para oficializar a entrega de tres bolsas que permitirán a tres nenos e nenas asisitir ao III Campus de Fútbol que a xogadora compostelá organiza do 26 ao 28 de decembro na capital de Galicia. Vero Boquete estivo acompañada pola directora…

Ler máis

Down Galicia reivindica o dereito á educación no Día Internacional dos Dereitos Humanos

Con motivo do 65 aniversario da aprobación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos de 1948, Down Galicia participou no acto público de conmemoración coa lectura do Artigo 26, que recolle o dereito á educación. O acto, promovido polo Seminario Galego de Educación para a Paz, celebrouse no Salón Nobre do Pazo de Fonseca e contou…

Ler máis

Down Galicia recibe o 3º Premio Solidario Cenor

Dotado con 1.500 euros, este galardón irá destinado ao proxecto “Emprego con Apoio” para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual. Trátase da I Convocatoria dos Premios Solidarios Cenor electrodomésticos, que este grupo corporativo outorga co propósito de impulsar e agradecer iniciativas de carácter social. Desta forma, Down Galicia segue sumando recoñecementos ao seu…

Ler máis