Novas

Elías Ledo representa a Down Galicia na lectura do manifesto en defensa dos dereitos das persoas con discapacidade

No marco do Día Internacional e Europeo das Persoas con Discapacidade o CERMI Galicia leu un Manifesto no que se recollen as demandas das organizacións de persoas con discapacidade. Baixo o lema “SOS Discapacidade. Dereitos, Inclusión e Benestar a salvo”, ao acto asistiron persoas con discapacidade xunto coas súas familias, voluntarios e profesionais, en protesta…

Ler máis

Traballo financia programas para a promoción da autonomía persoal e de mantemento de Down Galicia

A consellería de Traballo e Benestar contribuíu ao financiamento do mantemento e das actividades do servizo para a promoción da autonomía persoal que desenvolveu Down Galicia ao longo do ano 2013. Mediante un convenio de colaboración entre o departamento autonómico e a Federación, foméntanse os programas especificamente orientados a favorecer a autonomía e integración socio…

Ler máis

Susana López Abella clausura o proxecto de atención a mulleres con discapacidade de Down Lugo

O proxecto beneficiou a 32 mulleres membro de Down Lugo, de idades comprendidas en grupos que van desde os 5 anos ata maiores de 45, de xeito que a atención se prestou en función das necesidades de cada etapa vital. Un programa que entronca coa filosofía de atención das entidades Down en Galicia, que traballan…

Ler máis

Beatriz Mato comprométese a publicar en breve a orde para acreditar a carteira de servizos das entidades Down en Galicia

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asegurou hoxe que a orde que regulará a acreditación da carteira de servizos para a promoción da autonomía persoal se publicará en breve. Esta foi unha das demandas que lle formularon esta mañá os presidentes da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto, e da Fundación Down Compostela, Juan…

Ler máis

O Fondo Social Europeo e a Secretaría Xeral de Igualdade cofinancian un proxecto de asesoramento laboral para mulleres con discapacidade intelectual

Coa axuda da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo, DOWN GALICIA desenvolveu entre os meses de xaneiro e novembro de 2013  un proxecto de “información, asesoramento e orientación laboral para mulleres con discapacidade intelectual ocupadas, desempregadas e/ou mellora de emprego”. O número total de beneficiarias directas deste proxecto foi dun total de…

Ler máis