Novas

Acto de clausura de BBVA cos membros de Down Ourense que participaron no programa de prácticas formativas

Trátase dunha iniciativa pioneira en España co obxecto de promover a inclusión socio-laboral das persoas con capacidades diferentes. A través destas prácticas formativas, seis mozos de Down Ourense adquiriron unha experiencia laboral que lles axudará no proceso da busca de emprego, ademais de mellorar as súas habilidades sociais para a súa integración en diferentes equipos…

Ler máis

O Centro Cultural de Sigüeiro acolle a exposición “Miradas”

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, inauguraron a mostra “Miradas”, unha exposición composta de 27 fotografías de 5 fotógrafos profesionais que, de xeito altruísta, aceptaron o reto de reflectir en imaxes a súa particular forma de ver as persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual.…

Ler máis

La Caixa e Down Galicia asinan un convenio de colaboración para favorecer a inclusión laboral de persoas con diversidade funcional

A Fundación La Caixa, a través da súa Área de Integración Social, aporta 24.000€ ao “Proxecto de Emprego con Apoio” que pon en marcha Down Galicia en todo o ámbito do territorio galego. Esta colaboración enmárcase na convocatoria de axudas da Fundación La Caixa para a realización de proxectos dirixidos a mellorar a empregabilidade e…

Ler máis

Traballo financia a contratación de 9 técnicos para desenvolver o programa de inserción laboral de Down Galicia

A Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Promoción do Emprego, financia a contratación de 9 persoas para desempeñar distintos postos de carácter técnico no programa de inserción laboral da Federación Down Galicia. Trátase da contratación de 5 axentes de emprego e 4 unidades de apoio, todos a xornada completa durante…

Ler máis