Novas

A Fundación Inocente, Inocente apoia a inclusión escolar do alumnado coa síndrome de Down en Galicia

A Fundación Inocente, Inocente achega 30.000 euros ao Proxecto de apoio a inclusión escolar de alumnos coa síndrome de Down e discapacidade intelectual que Down Galicia desenvolve a través das súas entidades membro. Esta achega económica da Fundación Inocente, Inocente vai encamiñada a acadar o maior grado de desenvolvemento e autonomía nos nenos e nenas…

Ler máis

Down Coruña participa no proxecto Down Food

Trátase dun proxecto de formación integrador no que participan persoas con e sen discapacidade. Os obxectivos fundamentais desta iniciativa pasan por capacitar aos participantes para a súa inclusión no mercado laboral, dotar de novos recursos e habilidades persoais apoiando os programas de emancipación e vida independente da Asociación Down Coruña, e concienciar á opinión pública…

Ler máis

Carlos Negreira visita Down Coruña no Día Mundial da Síndrome de Down

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, acompañado do concelleiro de Servizos Sociais, Miguel Lorenzo, realizou unha visita ás instalación da Asociación Down Coruña no Día Mundial da Síndrome de Down. Ademais de percorrer as instalación para coñecer de primeira man a actividade e os programas desenvolvidos pola Asociación, mantivo unha xuntanza cos representantes de Down…

Ler máis