Novas

O Concello de Agolada colabora na inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

Un membro da Asociación Down Lugo realiza prácticas prelaborais no Concello de Agolada grazas a un convenio entre a entidade lucense e as Fundacións Konecta e Mapfre para promover proxectos de inserción laboral para persoas con capacidades diferentes. Trátase do programa “Xuntos somos capaces”, grazas ao cal unha persoa coa síndrome de Down realiza as…

Ler máis

A Deputación de Ourense colabora na inclusión educativa de persoas coa síndrome de Down

A Deputación de Ourense, colabora con Down Galicia cunha achega económica de 1.250 euros para o “Proxecto de Apoio á Inclusión Educativa de persoas coa síndrome de Down”. Este proxecto beneficia directamente a un total de 17 alumnos e alumnas coa síndrome de Down e ten por misión promover e facilitar a súa inclusión escolar…

Ler máis

Acto de clausura de BBVA cos membros de Down Ourense que participaron no programa de prácticas formativas

Trátase dunha iniciativa pioneira en España co obxecto de promover a inclusión socio-laboral das persoas con capacidades diferentes. A través destas prácticas formativas, seis mozos de Down Ourense adquiriron unha experiencia laboral que lles axudará no proceso da busca de emprego, ademais de mellorar as súas habilidades sociais para a súa integración en diferentes equipos…

Ler máis

O Centro Cultural de Sigüeiro acolle a exposición “Miradas”

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o presidente da Fundación Down Compostela, Juan Martínez, inauguraron a mostra “Miradas”, unha exposición composta de 27 fotografías de 5 fotógrafos profesionais que, de xeito altruísta, aceptaron o reto de reflectir en imaxes a súa particular forma de ver as persoas con síndrome de Down e discapacidade intelectual.…

Ler máis