Novas

Samuel, de Down Vigo, incorpórase ao equipo de traballo de Taco Bell no centro comercial Vialia

Fai xa unha semana que Samuel Molanes, usuario de Down Vigo, entrou a formar parte do equipo de traballo do local que a cadea de restaurantes de comida rápida Taco Bell acaba de abrir no centro comercial Vialia. Trátase do primeiro local en Vigo desta marca estadounidense especializada en produtos de cociña Tex-Mex. As súas…

Ler máis

Down Lugo asina un convenio de colaboración con Clece Vitam e Samaín

A asociación Down Lugo asinou a pasada semana un convenio de colaboración coas empresas Clece Vitam e Samaín, ambas as filiais de Clece S.A., co obxectivo de consolidar o camiño en común iniciado hai algo máis dun ano no ámbito da inserción laboral das persoas con discapacidade intelectual. Nese momento, Clece S.A. púxose en contacto…

Ler máis

As entidades do CERMI Galicia conmemoran o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

O Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) quixo conmemorar onte o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, que se celebra hoxe en todo o mundo, cun acto institucional no que participou a Conselleira de Política Social, Fabiola García Martínez, e o Director Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade,…

Ler máis