Novas

O proxecto de apoio á vida independente de Teima recibe o Premio Solidario “Cidade de Ferrol”

  “Marcho que teño que marchar” é o nome do proxecto de apoio á vida independente de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais de Teima Down Ferrol, galardoado co Premio Solidario “Cidade de Ferrol” que outorga cada ano o concello da cidade naval. O proxecto, que xa foi distinguido pola Deputación da…

Ler máis

Down Galicia organiza a primeira xuntanza autonómica de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

  O pasado venres, persoas vencelladas ás entidades Down de toda Galicia participaron na xuntanza autonómica online de irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Este encontro, primeira toma de contacto entre elas, serviu de escenario para a posta en común de diferentes cuestións de interese, como propostas de…

Ler máis

Down Galicia lanza unha actualización da súa guía con normas e recomendacións sobre lectura fácil

  A Federación Down Galicia vén de actualizar a súa guía informativa sobre lectura fácil co obxectivo de promover a inclusión das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Este documento, sinxelo e explicativo, pode servir de axuda a todas aquelas persoas que queiran realizar materiais de fácil comprensión, que non só son…

Ler máis

Esforzo e dedicación no proceso selectivo estatal para o ingreso como persoal de tarefas complementarias de apoio

  A finais do pasado ano 2022, 19 persoas vencelladas a entidades Down participaron no proceso selectivo para ingreso por acceso libre, como persoal laboral fixo no grupo profesional E0, especialidade tarefas complementarias de apoio, en prazas reservadas para ser cubertas por persoas que acrediten discapacidade intelectual. Da totalidade de persoas que se presentaron, aprobaron…

Ler máis

Vacinación contra a gripe estacional e COVID-19 para as persoas coa síndrome de Down

  As persoas coa síndrome de Down presentan unha maior vulnerabilidade ante a gripe debido á alteración da resposta inmune asociada á trisomía 21. Por iso, desde Down España, tendo en conta as consideracións do seu Comité Médico Asesor, recomendan a vacinación anual fronte á gripe estacional a todas as persoas coa síndrome de Down…

Ler máis