Novas

Down Lugo colabora coa asociación Michos de Lugo no coidado e benestar das colonias felinas da cidade

Durante este pasado mes de setembro, aproveitando o reinicio das actividades tralo parón do verán, un grupo de persoas usuarias de Down Lugo realizaron labores de voluntariado coa asociación local Michos de Lugo. Desta forma, nestas últimas semanas, varios mozos e mozas da entidade realizaron distintos materiais para o descanso dos gatos das colonias da…

Ler máis

Máis de 140 persoas vencelladas a Down Coruña participan na carreira ENKI pola inclusión

O pasado sábado 23 de outubro tivo lugar na cidade da Coruña a Carreira solidaria ENKI, na que participaron, un ano máis, membros e amizades da asociación Down Coruña. Trala edición virtual de 2020, esta proba lúdica recuperaba este ano o seu carácter presencial e, para celebralo, máis de 140 persoas vencelladas á entidade participaron…

Ler máis

Down Vigo amplía a súa colaboración co Grupo Clece para que persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual realicen prácticas laborais

Down Vigo asinou esta semana sendos convenios de colaboración co Grupo Clece, para que persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais fagan prácticas laborais nas súas filiais CLECE VITAM e SAMAÍN, adicadas á xestión de residencias privadas de maiores en España; e á limpeza de centros comerciais e grandes superficies, respectivamente. O convenio…

Ler máis

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia atende a 252 persoas usuarias de entidades Down desenvolvendo máis dun milleiro de accións

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia acumulou no pasado período 1.424 accións de orientación para un total de 252 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en busca activa de emprego. O balance está encadrado entre febreiro de 2020 e xaneiro de 2021, no caso das profesionais de orientación das provincias…

Ler máis

Down Galicia sensibiliza ao alumnado da USC sobre o envellecemento acelerado das persoas coa síndrome de Down

O pasado 5 de outubro, representantes da Comisión de Envellecemento de Down Galicia, impartiron no Máster de Psicogerontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela unha unidade didáctica sobre como envellecen as persoas coa síndrome de Down. Nas dúas horas que durou a súa intervención, Sonia Caldas, xerente da Federación, e Sandra Peña, responsable da área…

Ler máis