Novas

Un estudo lanza importantes conclusións sobre as consecuencias psicosociais da pandemia entre os mozos e mozas coa síndrome de Down

Un estudo levado a cabo por Down España entre os meses de abril e maio de 2020 para avaliar as consecuencias psicosociais da pandemia na poboación coa síndrome de Down, lanzou uns resultados esclarecedores e á vez sorprendentes. O estudo realizouse a través dun cuestionario no que participaron 340 mozos e mozas coa síndrome de…

Ler máis

Ana, Rocío e Guillermo comezan a traballar en dúas empresas da cidade de Vigo

Este mes de xullo, Ana e Rocío, usuarias de Down Vigo, pasaron a formar parte do persoal que realiza as tarefas de limpeza no primeiro albergue de Vigo para peregrinos do Camiño da Costa. Contratadas pola empresa Clece, o seu traballo consiste na limpeza e desinfección das instalacións do recentemente estreado edificio, inaugurado o pasado…

Ler máis

Down Galicia participa no seminario sobre o novo réxime xurídico da discapacidade organizado pola USC

A Federación Down Galicia participou este martes na segunda xornada do curso de verán “A familia no novo réxime da discapacidade”, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela. O obxectivo deste curso é dar a coñecer a transcendencia social e xurídica da nova lei pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o…

Ler máis

O Ilustre Colexio Notarial de Galicia e a Fundación Aequitas asinan un convenio de colaboración con Down Galicia para a divulgación do novo marco normativo en materia de discapacidade

A Federación Down Galicia vén de asinar un convenio de colaboración co Ilustre Colexio Notarial de Galicia e a Fundación Aequitas, que ten por obxectivo a realización de distintas actividades de asesoramento e divulgación sobre temas xurídicos de interese para o colectivo de persoas con discapacidade intelectual. Este convenio, presentado hoxe nun acto na Facultade…

Ler máis