Novas

Down Vigo conmemora o Día Mundial da Síndrome de Down con diversos actos en toda a cidade

  A asociación Down Vigo organizou durante as últimas semanas varios actos para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebrou onte, 21 de marzo, en todo o mundo. Así, a entidade planificou actos en varios puntos da cidade, coa intención de dar visibilidade á inclusión real e romper os estereotipos que,…

Ler máis

Súmate á nosa campaña en redes sociais polo Día Mundial da Síndrome de Down!

  Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra o vindeiro martes 21 de marzo, desde as entidades Down de España lanzamos a campaña “#NoSomosUnEstereotipo, somos mucho más” co obxectivo de cambiar a forma de ver ás persoas coa síndrome de Down, que a miúdo está cargada de prexuízos e estereotipos…

Ler máis

Celebra con nós o Día Mundial da síndrome de Down e o 20 aniversario de Down Ourense

  O Teatro Principal de Ourense acollerá o vindeiro 21 de marzo, a partir das 19:00 horas, os actos conmemorativos do Día Mundial da Síndrome de Down e do 20 aniversario da Asociación Down Ourense. Nesta edición entregaranse os VIII Premios Down Galicia, co obxecto de recoñecer o labor a prol da promoción da autonomía…

Ler máis

Reserva a túa cunca vintage polo Día Mundial da Síndrome de Down e colabora con Down Galicia na loita contra os estereotipos

  “Na diferenza está a riqueza” é o lema co que as entidades Down en Galicia e La Voz de Galicia poñen á venda unha cunca metálica de estilo vintage con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down de 2023. A venda deste produto ofrece a todas aquelas persoas que o desexen a oportunidade…

Ler máis

Teima e Down Coruña galardoadas cos Premios Boas Prácticas da Deputación da Coruña

    As asociacións Teima Down Ferrol e Down Coruña foron dúas das entidades gañadoras dos II Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais da Deputación da Coruña, un recoñecemento ás institucións que traballan no eido social e na protección dos colectivos máis vulnerables na provincia. Desta forma, os proxectos “Marcho que teño que marchar”…

Ler máis