Novas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra visita Xuntos para coñecer de primeira man o seu traballo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Emprego e Igualdade, vén de conceder unha axuda de 15.232 euros a Down Pontevedra Xuntos para o desenvolvemento de programas de inclusión de mulleres en situación de especial vulnerabilidade. O delegado territorial, Luis López, informou desta concesión nunha visita realizada este mediodía á sede social da…

Ler máis

Vegalsa-Eroski mantén a súa aposta polo Programa de Emprego con Apoio de Down Pontevedra Xuntos

Desde hai xa varios anos, son moitas as empresas da cidade de Pontevedra e da súa comarca que confían no programa de Emprego con Apoio de Down Pontevedra “Xuntos”. Un claro exemplo é Vegalsa-Eroski, que desde hai xa 10 anos conta no seu equipo de traballo con Enma Abal, repoñedora no Eroski de Cambados,  e…

Ler máis

Down Coruña e Xuntos asinan dous novos convenios de colaboración

Maio foi un mes realmente frutífero en canto a colaboracións se refire e é que dúas das asociacións que forman parte da Federación Down Galicia selaron senllos acordos de colaboración durante este período. Por unha banda, Down Coruña asinou un convenio coa Fundación Nortempo, que ten como obxectivo aumentar a empregabilidade das persoas participantes do…

Ler máis

As persoas usuarias das entidades Down coinciden en que “superar a proba do Celga axuda á hora de atopar traballo”

O vindeiro domingo terán lugar no IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela e na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada as probas para a obtención dos certificados Celga 2 de lingua galega. Estas certificacións, dependentes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, permiten acreditar o coñecemento que unha persoa ten do…

Ler máis