Novas

Pon calcetíns desparellos e reivindica o valor da diversidade!

Para conmemorar o Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra en todo o mundo este domingo 21 de marzo, Down Galicia súmase un ano máis á iniciativa internacional dos calcetíns desparellos. Esta campaña busca concienciar e apostar pola importancia da inclusión e da diversidade. Deste xeito, preténdese poñer en valor o concepto da…

Ler máis

As persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos serán vacinadas co grupo de persoas de 70

Este xoves, a Comisión de Saúde Pública anunciou, a través dunha nota de prensa, que as persoas coa síndrome de Down maiores de 40 anos serán incluídas como grupo de risco na Estratexia de Vacinación, polo que serán vacinadas xunto ao grupo de persoas de 70-79 anos. Este acordo recolle a petición realizada desde as…

Ler máis

Down Galicia edita un libro de Os Bolechas para fomentar a inclusión entre a infancia

“Xela celebra o seu aniversario” é o título do libro co que a Federación Down Galicia e as súas entidades membro pretenden concienciar ás xeracións máis novas do valor da inclusión e da importancia de vivir nunha sociedade diversa e non excluínte. Creada por Pepe Carreiro e protagonizada polas personaxes de Os Bolechas, a historia…

Ler máis

Renfe colabora con Down Galicia para dar visibilidade ás persoas coa síndrome de Down

Con motivo do Día Mundial da Síndrome de Down, que se celebra en todo o mundo o 21 de marzo, Renfe e a Federación Down Galicia colaboran novamente co obxectivo de dar visibilidade ás persoas con síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Por este motivo, a operadora colocou máis de 2.000 repousacabezas da campaña…

Ler máis

Down Galicia reedita a súa “Guía de orientación académica e profesional”

A Federación Down Galicia vén de publicar unha nova reedición da súa “Guía de Orientación Académica e Profesional para persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual”, un completo documento no que aquelas persoas que o desexen poderán atopar información moi útil sobre as diferentes opcións existentes en Galicia en relación a estes dous eidos.…

Ler máis