Novas

Fundación Solidaridad Carrefour doa 10 tabletas a Down Galicia para mellorar as competencias dixitais das súas persoas usuarias

Representantes da Fundación Solidaridad Carrefour visitaron esta mañá as instalacións de Down Galicia en Santiago de Compostela para facer entrega de dez tabletas, valoradas en 1.790 euros, para colaborar co desenvolvemento das actividades que levan a cabo actualmente a Federación e as súas entidades. A doazón destes dispositivos tecnolóxicos mellorará o equipamento tecnolóxico das aulas…

Ler máis

Distribuciones Froiz confía de novo no programa de Emprego de Xuntos para a campaña de Nadal

Desde hai xa varios anos, son moitas as empresas da cidade de Pontevedra e da súa comarca que confían no programa de Emprego con Apoio de Down Pontevedra “Xuntos”. Un claro exemplo é Distribuciones Froiz, que desde os inicios do programa no ano 2002 contrata ano tras ano a dúas persoas da bolsa de emprego…

Ler máis

“Ter síndrome de Down non me impediu conseguir as miñas metas”

Conscientes da crise sanitaria actual, as persoas usuarias do programa de emprego de Down Coruña quixeron reflexionar sobre a importancia de manter os seus postos de traballo, así como de non perder a esperanza de que as súas oportunidades chegarán, no caso daquelas que están en proceso de procura de emprego. Durante a súa conversación,…

Ler máis

Admitidas 26 persoas pertencentes a entidades Down no proceso selectivo de ordenanza da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra publicou a pasada semana o listado definitivo de persoas admitidas no proceso selectivo dunha praza de ordenanza reservada a persoas con discapacidade intelectual, na que figuran 26 persoas usuarias de Down Pontevedra Xuntos e de Down Vigo. O seguinte paso para todas elas será a realización da primeira proba, que terá…

Ler máis

O movemento CERMI manifesta a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade

O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) e os CERMIS Autonómicos manifestaron a súa “extrema preocupación” pola “pésima” evolución do emprego de persoas con discapacidade e pediron que sexa unha das prioridades na axenda política estatal, rexional e local. Así o puxo de manifesto durante a Conferencia CERMI Territorios celebrada este martes…

Ler máis