Novas

Gran esforzo e moita ilusión no proceso selectivo de persoal funcionario subalterno da administración autonómica

O pasado 1 de decembro, 68 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, membros das sete entidades Down de Galicia, presentáronse ao primeiro exercicio da fase de oposición a persoal funcionario subalterno da Xunta de Galicia. Nesta ocasión o desenlace non foi o esperado, pois soamente 8 persoas, o 12%, conseguiron superar este…

Ler máis

Down Pontevedra Xuntos acolle a exposición “Xoias solidarias” e apoia a investigación contra o cancro

O local de Down Pontevedra “Xuntos” acollerá durante estes días a exposición “Xoias Solidarias – Bos sentimentos de Isaac Díaz Pardo e Carmen Arias na fábrica Celtia” para apoiar a investigación contra o cancro. Estas xoias, deseñadas pola escritora Loli Beloso, están realizadas con anacos de porcelana de Celtia, a fábrica que Isaac Díaz Pardo…

Ler máis

Mozos e mozas de Down Lugo participan nun interesante obradoiro de cociña

O pasado martes, seis mozos e mozas de Down Lugo pasaron unha divertida tarde entre fogóns. Alejandro Méndez, propietario e chef da arrozaría Os Cachivaches (Rúa Campos Novos, 26), foi o encargado de levar a cabo un obradoiro profesional de cociña para persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Por iniciativa propia e…

Ler máis

A Revista Española de Discapacidad publica o traballo de Down Galicia no ámbito do envellecemento

A Revista Española de Discapacidad (REDIS), editada e coordinada polo Centro Español de Documentación sobre Discapacidad (CEDD) e promovida polo Real Patronato sobre Discapacidad y la Dirección General de Políticas de Discapacidad, publicou este martes 10 de decembro o seu último número do ano 2019. Na súa sección Tribuna, onde se presentan reflexións e boas…

Ler máis