Novas

A carreira “6 horas Vila do Corpus” duplica a súa solidariedade e recada 7.500 euros para Down Vigo

A terceira edición da carreira nocturna “6 horas Vila do Corpus” de Ponteareas foi, de novo, un éxito. A proba deportiva practicamente dobrou o número de participantes, rozando o medio milleiro, e conseguiu recadar máis de 7.500 euros para a asociación Down Vigo, así como outros fondos para DisCamino, ANEPA e a asociación portuguesa Passos…

Ler máis

Éxito rotundo dos membros das entidades Down nos exames de Compentencias clave

Grandes resultados na avaliación das Competencias clave dos membros das entidades Down de Galicia que se examinaron o pasado 25 de maio en Silleda. Na 13ª edición destas probas, os 15 exames realizados por usuarias e usuarios da Federación no nivel 2 acadaron un resultado positivo, o que supón o 100% dos aprobados. No tocante…

Ler máis

Dispoñible unha guía de uso no ámbito xurídico para garantir os dereitos das persoas con discapacidade

Desde hai unhas semanas xa está dispoñible a “Guía de fácil uso de la Convención Internacional de los Derechos de las personas con discapacidad para operadores jurídicos 2019”. O documento, desenvolto e publicado polo CERMI estatal, achega a Convención aos profesionais do Dereito co fin de que a súa perfecta comprensión garanta o seu cumprimento…

Ler máis

BBVA e Down Galicia organizan unha xornada científica para celebrar unha nova edición do seu programa de prácticas

BBVA e Down Galicia presentaron esta mañá, en Santiago de Compostela, unha nova edición do programa de prácticas formativas ‘Emprego con Apoio’, que axuda a mozos e mozas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual a adquirir experiencia laboral facilitando o proceso de procura de emprego, á vez que contribúe ao desenvolvemento das súas habilidades…

Ler máis