Novas

Unha moza coa síndrome de Down formarase como auxiliar administrativa na biblioteca municipal de Redondela

A finais do pasado mes de marzo, Down Vigo e o Concello de Redondela asinaron un convenio de colaboración que ten por obxecto posibilitar a persoas usuarias da asociación a realización de prácticas formativas en calquera das dependencias municipais deste concello pontevedrés. A primeira persoa en beneficiarse destas prácticas na administración local é Loira Fernández,…

Ler máis

Down Galicia e Política Social asinan un novo convenio para o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e Fabiola García Martínez, Conselleira de Política Social, asinaron esta mañá no Edificio Administrativo de San Caetano un novo convenio de colaboración entre ambas entidades. Este convenio nominativo, que achegará á Federación catrocentos sesenta e nove mil cento oitenta euros (469.180 €), ten por obxecto contribuír ao financiamento por…

Ler máis

Unha gran “X” humana anima aos contribuíntes a marcar a casiña de fondos sociais na Declaración da Renda

Santiago de Compostela acolleu esta mañá a presentación da nova campaña da “X Solidaria”, que este ano reuniu a máis de 200 persoas que “debuxaron” sobre o chan da Quintana a forma da casiña onde insertaron unha xigante X, dando así visibilidade á importancia de marcar a casiña de FINS SOCIAIS na Declaración da Renda.…

Ler máis

Catro novos contratos para persoas usuarias de Down Ourense no primeiro trimestre do ano

O primeiro trimestre do ano foi intenso na área de emprego da Asociación Down Ourense. Catro novos contratos en distintas empresas da cidade poñen de manifesto que a metodoloxía do Emprego con Apoio funciona e que as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais teñen aptitudes máis que suficientes para desempeñar un posto…

Ler máis

Doce persoas usuarias de entidades Down de Galicia realizarán prácticas en dependencias da Xunta este 2019

© Xunta de Galicia Grazas aos convenios asinados entre a Consellería de Política Social e a Fundación Down Compostela, a Asociación Down Lugo e a Asociación Teima Down Ferrol, doce mozos e mozas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais realizarán prácticas laborais en centros e servizos da Xunta de Galicia durante o ano…

Ler máis