Novas

Mozos e mozas de Down Compostela y Down Vigo participan este venres no VII Campionato de Baristas

Dez mozos e mozas de Down Compostela e Down Vigo participarán este venres no VII Campionato de Baristas Down de Galicia, que se celebrará no restaurante Pazo de Adrán (Teo) a partir das 16.30 horas. A entrega de premios aos equipos gañadores está prevista para as seis da tarde. Desde o pasado luns, os profesionais…

Ler máis

O éxito do traballo cooperativo chega a Down Pontevedra Xuntos

A día de hoxe, ninguén dubida dos múltiples beneficios de formar parte dun coworking: traballo cooperativo e enriquecido, aforro de custes, flexibilidade,… Pero, e se ademais engadimos a vantaxe de desfrutar dun espazo inclusivo e respectuoso? Pois iso é o que ocorre en Espacio Arroelo, un coworking pontevedrés que apostou pola incorporación ao seu equipo…

Ler máis

A Xunta de Galicia financiou a contratación de 4 persoas desempregadas para postos técnicos da Federación durante o ano 2018

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Secretaría Xeral de Emprego, financiou con 70.668€ a contratación de 4 persoas desempregadas durante o pasado exercicio 2018 para desempeñar postos de carácter técnico nos centros de traballo que a Federación Down Galicia ten nas cidades de Pontevedra e Vigo. Mediante estas contratacións, todas elas…

Ler máis

Unha trintena de demandas de persoas en pobreza ou exclusión social na exposición “Olladas inclusivas. Ninguén á marxe” inaugurada onte na Xunta de Galicia

Con motivo da celebración do Día Mundial da Xustiza Social, no día de onte inaugurouse a exposición “Olladas Inclusivas. Ninguén á marxe”, na sede da Xunta de Galicia en San Caetano. No acto estiveron presentes o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente de EAPN Galicia – Rede Galega contra a Pobreza…

Ler máis

Down Galicia e a USC asinan un convenio para promover a docencia e a investigación

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e Antonio López Díaz, Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, asinaron esta mañá no edificio do Reitorado un convenio de colaboración que busca estreitar as súas relacións, xuntar esforzos e establecer normas amplas de actuación que canalicen e incrementen os seus contactos e colaboracións. Deste xeito, o obxecto…

Ler máis