Novas

Down Galicia lanza unha guía de estilo coa terminoloxía máis axeitada sobre discapacidade intelectual

A Federación Down Galicia vén de editar a súa “Guía de estilo sobre persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais”, un manual que ten por obxecto positivizar e concienciar sobre a terminoloxía referida ás persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais tras a evolución experimentada por este colectivo nas últimas décadas,…

Ler máis

Down Galicia e a Asociación Lectura Fácil asinan un convenio para promover a inclusión de persoas coa síndrome de Down

A Federación Down Galicia e a Asociación Lectura Fácil asinaron recentemente un convenio de colaboración polo que as dúas entidades se comprometen a desenvolver actividades de interese mutuo co obxectivo de promover a inclusión das persoas en risco de exclusión social, entre as que se atopan as persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades…

Ler máis

Dous mozos de Down Vigo realizan prácticas laborais internacionais nun hotel de Milán

Prácticas laborais no estranxeiro? Samuel Molanes e Isaac Fernández, dous mozos membros de Down Vigo, acábannos de demostrar que é posible. Grazas ao programa europeo Valuable Network, ambos puideron viaxar ata a capital italiana da moda para adquirir coñecementos e experiencias no campo da hostalería. Durante as últimas tres semanas, o Hotel Meliá Milano foi…

Ler máis

Matriuska Producciones abre as portas do audiovisual a persoas usuarias do Programa de Emprego con Apoio

O pasado mes de xuño, Matriuska Producciones e Down Pontevedra Xuntos asinaron un convenio de colaboración co fin de promover a inclusión socio-laboral en contornas ordinarias de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. Grazas a este acordo, Xiana Moreira Barbosa, participante do Programa de Emprego con Apoio que promove a entidade Down…

Ler máis