Novas

O Congreso dos Deputados recoñece o dereito a votar de 100.000 persoas con discapacidade intelectual

Esta mañá vivimos un fito histórico na defensa dos dereitos das persoas con discapacidade: a aprobación da reforma da Lei Orgánica de Réxime Electoral Xeral (LOREG) que permitirá eliminar a posibilidade de que, nos procedementos de incapacitación legal, os xuíces poidan privar do dereito de voto a determinadas persoas por motivos asociados á súa discapacidade.…

Ler máis

Unha trintena de demandas contra a pobreza na exposición “Ninguén á marxe” no Parlamento de Galicia

Con motivo da celebración do Día Internacional para a Erradicación da Pobreza, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, xunto á Conselleira de Política Social, Fabiola García e o presidente de EAPN Galicia-Rede Galega contra a Pobreza, Antonio Hernández, inauguraron a exposición “Ninguén á marxe #ContraPobreza”. Deputadas e deputados, responsables das outras tres plataformas…

Ler máis

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia supera o millar de accións no período 2017-2018

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia contabilizou no pasado período 1.144 accións de orientación para un total de 234 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en busca activa de emprego. As accións desenvolvéronse entre febreiro de 2017 e xaneiro de 2018, no caso das técnicos de orientación das provincias de…

Ler máis

IV Encontro Nacional de Mozos e Mozas de Down España: espazo de aprendizaxe e intercambio de ideas

“Para vivir de forma independente hai que asumir certas responsabilidades”, “Queremos ter diñeiro, ter un bo traballo, gozar dunha boa saúde e unha vida independente”, “É importante coidar a nosa imaxe porque é a nosa carta de presentación aos demais” ou “Queremos ter unha vida chea de emoción, perseguir os nosos soños e alcanzar obxectivos”,…

Ler máis

Down Ourense e Iberdrola celebran o Día Internacional do Voluntariado

O pasado sábado, con motivo do Día Internacional do Voluntariado, a Fundación Iberdrola e Down Ourense desfrutaron dunha divertida xornada medioambiental polo Canón do río Sil. Así, traballadores e traballadoras de Iberdrola e membros da asociación realizaron unha ruta polo municipio ourensá de Parada de Sil e, posteriormente, participaron nunha reforestación conxunta. En total, formaron…

Ler máis