Down Galicia apela á implicación dos sectores público e privado nun acto de visibilización do seu programa de emprego

Down Galicia celebrou esta mañá nas súas instalacións de Santiago de Compostela un acto para poñer en valor as accións que tanto a Federación como as súas entidades membro levan a cabo para favorecer a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual no mercado laboral ordinario. Nesta acción de visibilización, centrada…

Ler máis

A Consellería de Política Social colabora na inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

A Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, afianza o seu compromiso coa inserción laboral de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na nosa comunidade autónoma cunha achega de 1.656,13€ ó proxecto “Voluntariado e adestramento en habilidades complementarias ó posto de traballo…

Ler máis

Fundación Cofares colabora co proxecto de Atención Temperá de Down Galicia

A Fundación Cofares, organización solidaria sen ánimo de lucro pertencente ao Grupo Cofares, fixo entrega esta mañá dunha doazón de 3.000€ para o programa de Atención Temperá da Federación Down Galicia. Carlos Varela, conselleiro do Grupo Cofares, foi o encargado de facer entrega deste cheque a Sonia Caldas, xerente de Down Galicia, na sede que…

Ler máis

Fotografías de persoas usuarias de Down Lugo protagonizan unha mostra na Capela de Santa María

O pasado martes 3 de outubro inaugurábase en Lugo a mostra fotográfica “Enfocando Historias”. A capela do Fogar de Santa María acollerá ata o 29 de outubro esta exposición gratuíta, que recolle 36 fotografías realizadas por 17 persoas usuarias de Down Lugo dirixidas pola fotógrafa Aleksandra Dmitrieva, voluntaria desde hai dous anos na Asociación e…

Ler máis

Down Galicia, Fademga e a Consellería de Sanidade premiadas nos III Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia

A colaboración entre Down Galicia, Fademga Plena Inclusión Galicia e a Consellería de Sanidade recibiu este xoves un dos galardóns na categoría de “Acción en Responsabilidade Social Sociosanitaria” dos III Premios Redacción Médica á Sanidade de Galicia. Estes galardóns teñen como obxectivo recoñecer as iniciativas de interese, as boas prácticas e as traxectorias destacadas do…

Ler máis