Sonora ovación dun repleto Salón Teatro trala representación do Grupo de Teatro Down Compostela

O Grupo de Teatro Down Compostela volveu conseguir o pasado sábado unha prolongada ovación dos máis de 270 espectadores que asistiron á representación de “Arturo, Arthur, Artur”, escrita e dirixida por Lucas Herrador. O Salón Teatro de Santiago encheu o seu aforamento para ver a estrea da novena obra que interpretan mozas con síndrome de…

Ler máis

As probas para a obtención do Celga, máis accesibles para as persoas con discapacidade intelectual

Máis de 250 persoas participaron o pasado domingo nas probas para a obtención dos certificados Celga 2 que se celebraron na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) de Santiago de Compostela. Estas certificacións, dependentes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, permiten acreditar o coñecemento que unha persoa ten do galego a…

Ler máis

O Grupo de Teatro Down Compostela presenta o sábado no Salón Teatro a súa particular visión da lenda do Rei Artur

Que terá o rei Artur que tanto nos atrae? Cada certo tempo estréase ou publícase algo relacionado co monarca inglés que pretende dar unha visión definitiva sobre o personaxe e os acontecementos que lle rodean. O Grupo de Teatro Down Compostela quedouse cativado pola lenda e o vindeiro sábado, día 17, estrea no Salón Teatro…

Ler máis