Down Ourense e Fundación Vodafone España presentan unha formación en TICs para a inserción laboral de persoas coa síndrome de Down

O pasado xoves, Down Ourense e Fundación Vodafone España presentaron en La Molinera (Ourense) “H@ppy Day”, unha iniciativa cuxo obxectivo é concienciar aos empresarios e á sociedade sobre os beneficios da inserción laboral das persoas coa síndrome de Down. Nesta acción, que forma parte do programa de formación prelaboral en Novas Tecnoloxías “Yo me prep@ro”,…

Ler máis

Fundación Mapfre apoia a inserción laboral das persoas coa síndrome de Down

A Fundación Mapfre, a través da “VII convocatoria de axudas a proxectos sociais” colaborou con 4.000 euros no desenvolvemento do proxecto “Información, Orientación e Procura de Emprego para persoas con síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que Down Galicia levou a cabo na comunidade autónoma galega. O seu principal obxectivo é facilitar ás persoas coa…

Ler máis
Firma Convenio

Down Galicia e Política Social asinan un convenio para o mantemento da Federación e os seus programas de autonomía persoal

Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, e José Manuel Rey Varela, Conselleiro de Política Social, asinaron esta mañá no Edificio Administrativo de San Caetano un convenio de colaboración entre ambas entidades. Este convenio nominativo, que achegará á Federación catrocentos corenta e seis mil oitocentos trinta e oito euros (446.838 €),  ten por obxectivo contribuír ao…

Ler máis

Percorre o Camiño de Santiago en bicicleta para apoiar a atención temperá de Down Galicia

Vivir a emoción de facer o Camiño de Santiago ten un aliciente máis co proxecto Solidarios Non Stop de BBVA Asset Management. Realizando en bicicleta as etapas do percorrido entre Roncesvalles e Compostela, os ciclistas estarán apoiando o servizo de atención temperá das entidades Down de Galicia, dirixido ao desenvolvemento de cativos entre 0 e…

Ler máis

Máis dun centenar de persoas de entidades Down xa traballan na empresa ordinaria

Cento oito mozos e mozas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual, usuarios e usuarias de entidades Down en Galicia, atópanse traballando nestes momentos en empresas ordinarias da súa contorna. Por áreas de influencia desde as entidades Down en Galicia, na zona de Vigo son 49 as persoas que contan cun mínimo dun contrato nestes…

Ler máis