Éxito da metodoloxía de “Emprego con apoio” entre as empresas da cidade de Pontevedra

Dende o pasado mes de outubro, 6 novas empresas de referencia na cidade de Pontevedra sumáronse a aquelas outras que, ó longo do ano, contrataron a traballadores e traballadoras do Servizo de Emprego con Apoio de Down Pontevedra. Unha destas compañías é “ARUME”, presente nos comedores escolares dos centros de educación infantil e primaria, onde…

Ler máis

Down Galicia lanza unha campaña de captación de doantes polo Día Internacional das Persoas con Discapacidade

A Federación Galega de Institucións para a síndrome de Down (Down Galicia) acaba de lanzar, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, a súa nova campaña de captación de doantes colaboradores. Baixo o lema “Contigo podemos máis”, pretende concienciar á sociedade galega da importancia dos apoios no proceso de inclusión das persoas coa…

Ler máis

Down Coruña celebra o vindeiro sábado o Día Internacional da Discapacidade

Down Coruña participará o vindeiro sábado 3 de decembro, con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, nun acto que terá por obxectivo sensibilizar á sociedade coruñesa mostrando os desexos e reivindicacións das persoas con diversidade funcional. Será unha xornada na que as persoas con capacidades diferentes amosarán as súas inquietudes e demandas a…

Ler máis

A Consellería de Política Social financia o mantemento de Down Galicia e os seus programas de autonomía persoal

A Xunta de Galicia contribúe ó financiamento do mantemento e das actividades do servizo para a promoción da autonomía persoal que Down Galicia desenvolve durante este ano 2016. Mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación, promóvense os programas orientados especificamente a favorecer a autonomía e a integración socio laboral…

Ler máis