A Deputación da Coruña continúa colaborando con Down Galicia no proxecto de “Emprego con apoio”

A Deputación da Coruña colaborou, durante o exercicio 2015, con Down Galicia cunha achega económica de 9.966,53 euros para o proxecto Emprego con Apoio. Grazas a esta axuda, puideron desenvolverse actuacións no ámbito da inserción laboral na empresa ordinaria que beneficiaron a un total de 52 mozos e mozas con discapacidade intelectual, especialmente coa síndrome…

Ler máis

“Oxalá a Xunta me contrate ao terminar as prácticas”

Elías, Pamela e Carlota son tres mozos usuarios e usuarias de Down Compostela que iniciaron as súas prácticas en distintos departamentos da Xunta de Galicia o pasado mes de marzo. Agora, tras estes dous primeiros meses, queremos entrevistalos para coñecer de primeira man as súas impresións e expectativas. Down Galicia. Que tal estas primeiras semanas…

Ler máis

Os confeiteiros lucenses entregaron a Down Lugo 3.092€ trala venda da Chocolatina Solidaria

Finalmente, foron 3.092 euros a cantidade recadada trala venda da Chocolatina Solidaria, iniciativa que xurdiu da colaboración entre Down Lugo e a Asociación Provincial de Empresarios de Confeitería, Pastelería, Bollería e Repostería da provincia, que tivo lugar o pasado día 21 de marzo. Esta mañá Honorio Gómez, presidente dos confeiteiros lucenses, entregaba a María José…

Ler máis

BBVA comparte unha tarde de Champions con mozos e mozas de Down Galicia e Fundación Celta Integra

O estadio de Balaídos foi escenario esta tarde dun partido moi especial, mozos e mozas da Federación Down Galicia e da Fundación Celta Integra enfrontáronse a empregados de BBVA nun encontro cheo de risas e bromas entre os adversarios. Ao comezo da xornada Marcos Fernández, director de zona de BBVA en Galicia Sur, en representación…

Ler máis