40 persoas de entidades Down en Galicia preséntanse ás oposicións para persoas con discapacidade intelectual convocadas pola Administración central

Un total de 40 persoas de todas as entidades Down en Galicia presentaranse este sábado, 11 de xuño, ao exame das oposicións convocadas pola Administración central do Estado para persoas con discapacidade intelectual. Esta proba, que se celebrará na Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, corresponde á primeira fase do proceso…

Ler máis

Feuvert aposta pola inclusión socio-laboral de persoas coa síndrome de Down

Feuvert, compañía líder no sector do mantemento do automóbil, é tamén un referente no campo da inclusión socio-laboral. Desde 2015 colabora, por propia iniciativa, co programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia, mediante o que xa incorporaron ao seu equipo de traballo a 3 persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. Dúas…

Ler máis

A.E.M.P.E. e Down Pontevedra “Xuntos” asinan un convenio de colaboración para promover a inclusión socio-laboral

A Asociación de empresarios da pequena e mediana empresa de Pontevedra (A.E.M.P.E.) decidiu apostar por unha sociedade máis inclusiva coa firma dun convenio de colaboración con Down Pontevedra “Xuntos”, que promoverá a inclusión socio-laboral das persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual. A.E.M.P.E. comprométese por medio deste documento a dar difusión entre os seus…

Ler máis