Down Galicia demanda que se contemple a discapacidade intelectual nas convocatorias de emprego público

O presidente de Down Galicia, Delmiro Prieto, máis o presidente de Down Compostela, Juan Martínez, trasladáronlle esta mañá ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e á secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, unha das reivindicacións históricas das persoas con discapacidade intelectual sobre o acceso ás convocatorias públicas. Os representantes das entidades Down solicitaron que…

Ler máis

La Caixa promove a inclusión laboral das persoas con discapacidade intelectual

Mediante unha achega de 28.000 euros, a Obra Social “la Caixa” colabora co proxecto de Down Galicia “Emprego con Apoio para persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”. Esta axuda enmárcase na convocatoria de Inserción Sociolaboral 2014, enfocada á execución de proxectos de inserción laboral de persoas en situación de vulnerabilidade social e persoas…

Ler máis

Down Galicia demanda a erradicación da educación especial ante o Parlamento galego

A erradicación da educación especial e a regulación dun período de transición entre o actual modelo integrador e un totalmente inclusivo, foi a primeira demanda de Down Galicia en materia de educación perante a Comisión non Permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade. O presidente da Federación, Delmiro Prieto, defendeu a necesidade de…

Ler máis

Down Ourense inaugura as súas novas instalacións demandando maior inclusión social e igualdade de oportunidades

“Chámome David e teño un soño, conseguir un emprego digno e ser un máis”, así comezaba a súa intervención David Nóvoa, un mozo con discapacidade intelectual, que no nome de todos os seus compañeiros e compañeiras interviña no acto de inauguración das novas instalacións da Asociación Down Ourense. David puxo de manifesto a necesidade de…

Ler máis

A Deputación de Ourense contribúe á inclusión educativa do alumnado coa síndrome de Down

A Deputación de Ourense, colabora con Down Galicia cunha achega económica de 4.500 euros para o proxecto “Unha escola para todos: inclusión educativa de alumnos coa síndrome de Down e discapacidade intelectual”. Este proxecto beneficia directamente a un total de 17 alumnos e alumnas coa síndrome de Down e ten por misión promover e facilitar…

Ler máis