Dúas mozas do Movemento Down Galicia poñen voz a ‘Valentina’, a protagonista da película de animación nomeada aos Premios Goya

Lucía Serén, de Down Lugo, e Pepa Lockhart, de Down Compostela, son dúas adolescentes coa síndrome de Down que acaban de converterse en actrices de dobraxe. As dúas poñerán voz a Valentina, a protagonista do filme do mesmo nome que acaba de converterse en candidata a mellor película de animación nos vindeiros Premios Goya. Todo…

Ler máis

Política Social apoia o proxecto de avaliación do envellecemento de Down Galicia

A través dun convenio de colaboración asinado o pasado mes de outubro, a Consellería de Política Social contribúe ao financiamento das actuacións que Down Galicia está a desenvolver nas súas sete entidades membro durante este ano 2021 no eido do envellecemento activo. Este acordo, que achega á Federación cen mil euros (100.000€), ten por obxectivo…

Ler máis

A Consellería de Política Social financia o mantemento e os programas de autonomía persoal de Down Galicia

A Xunta de Galicia contribúe ao financiamento do mantemento e das actividades do servizo para a promoción da autonomía persoal que Down Galicia desenvolve durante este ano 2021. Mediante un convenio de colaboración entre a Consellería de Política Social e a Federación, promóvense os programas orientados especificamente a favorecer a autonomía e a inclusión socio…

Ler máis

A Deputación de Ourense apoia o programa Emprego Con Apoio de Down Galicia na provincia

Un ano máis, a Deputación de Ourense colabora co proxecto “Emprego con Apoio: Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual da provincia de Ourense” que Down Galicia puxo en marcha nesta provincia. Mediante esta achega, que ascende a 3.000€, facilitáronse unha serie de apoios a un total de 24 persoas coa…

Ler máis