O Movemento Down en Galicia organiza o primeiro encontro virtual de mozos e mozas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual

Co obxectivo de coñecer xente nova e compartir inquedanzas e afeccións, 25 persoas usuarias das entidades Down en Galicia participaron o pasado venres no I Encontro Virtual de Mozos e Mozas organizado polo Movemento Down. Tras unha consulta previa a través dun cuestionario, as mozas e mozos estiveron divididos en tres grupos con distinta temática…

Ler máis

Mozos e mozas de Down Lugo continúan mellorando a súa autonomía no ámbito doméstico

“…limpar o brócoli quitándolle os talos grosos, pelar e cortar os allos, poñer auga a ferver cunha cullerada de sal…” Así comeza unha das sinxelas e saudables receitas que elaboran semanalmente as persoas participantes no programa de Autonomía Doméstica de Down Lugo. Este programa leva en activo máis de 13 anos e, actualmente, participan nel…

Ler máis

O CERMI esixe o dereito das persoas con discapacidade a unha vivenda accesible, alcanzable e inclusiva

O Comité Español de Representantes de Personas con Discapacidad (CERMI) esixe o dereito das persoas con discapacidade a unha vivenda accesible, alcanzable e inclusiva como elemento esencial para unha vida independente e participativa. Esta é a principal reivindicación que a plataforma da discapacidade resalta no seu manifesto con motivo da celebración do Día Nacional da Convención Internacional…

Ler máis

Down España lanza un “chamamento urxente” ás empresas para contratar a persoas coa síndrome de Down

Coincidindo coa conmemoración do Día Internacional do Traballo, Down España lanzou un “chamamento urxente” ás empresas para mellorar a empregabilidade das persoas coa síndrome de Down ante a “insostible” situación laboral deste colectivo. A Federación estatal subliña que máis do 95% das persoas coa síndrome de Down nunca tivo unha oportunidade laboral, unha situación agravada…

Ler máis