A Consellería de Política Social colabora con varios programas formativos da Federación

A través das subvencións destinadas ao desenvolvemento de proxectos de asesoramento e formación de persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, a Consellería de Política Social financiou parte das cinco accións formativas levadas a cabo por Down Galicia entre 2019 e 2020. Estas actuacións, das que puideron beneficiarse 137 persoas usuarias das distintas entidades…

Ler máis

O Concello de Santiago financia o programa ‘Isto é vida’ de Down Compostela

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, acompañado pola concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, asinou esta mañá os convenios de colaboración para o 2020 coa Fundación Down Compostela, o Colexio de Avogados, Cáritas, Cociña Económica e a Fundación Secretariado Xitano. Estes acordos de colaboración financian diversas actividades realizadas ou a realizar neste ano 2020.…

Ler máis

O Congreso comeza a tramitación para derrogar a esterilización forzosa das persoas con discapacidade

A Comisión de Xustiza do Congreso dos Deputados reunirase mañá, 10 de setembro, para debater e informar sobre a Proposición de Lei de modificación do Código penal para a erradicación da esterilización forzada ou non consentida de persoas con discapacidade incapacitadas xudicialmente (Orgánica). Con esta acción, comeza o proceso lexislativo que poñerá fin a unha…

Ler máis

Teima e Xuntos asinan senllos convenios de colaboración coas administracións locais

Teima Down Ferrol e Down Pontevedra Xuntos asinaron nos últimos días senllos convenios de colaboración coas súas administracións locais de referencia para o desenvolvemento das súas actividades. Deste xeito, o Concello de Ferrol achegará 35.000€ a Teima co obxecto de promover a inclusión na vida adulta de aproximadamente 60 persoas usuarias que forman parte da…

Ler máis

Down Vigo presenta a exposición “El viaje de mi vida”, composta por oito tapices de tea confeccionados por membros da entidade

A Asociación Down Vigo inaugurou o pasado venres día 7 de agosto a exposición “El viaje de mi vida” no centro comercial Gran Vía da cidade olívica. A mostra artística, que está aberta ata o venres 21 deste mes, consta de oito tapices de tea confeccionados a man polo grupo de Habilidades Adaptativas de Down…

Ler máis