Down Vigo asina un convenio de prácticas profesionais coa Universidade de Vigo

Grazas ao convenio asinado este luns entre o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, e o presidente de Down Vigo, José Manuel García Orois, os membros de Down Vigo poderán realizar prácticas profesionais nos organismos do campus. Ambos amosaron a súa satisfacción por acadar un acordo que lle permitirá aos beneficiarios deste programa de…

Ler máis

Mirada ao futuro e autocrítica no Encontro Nacional de Familias: “Non podemos esixir uns dereitos se estamos a renunciar a outros”

O 19º Encontro de familias e o 11º Encontro de Irmáns e irmás de persoas coa síndrome de Down e discapacidade intelectual tivo lugar esta pasada fin de semana en Andalucía. Asalsido Down Almería colleu o testemuño de Down Compostela, quen organizou o evento o pasado ano, e levou á súa cidade o encontro, que…

Ler máis

Arume volve confiar na metodoloxía de Emprego Con Apoio de Xuntos para unha nova inserción

A confianza empresarial no programa de Emprego Con Apoio (ECA) de Down Pontevedra “Xuntos” para persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais segue crecendo na comarca da cidade. Arume, empresa de restauración que presta os servizos de comedor escolar nos colexios públicos de Pontevedra, vén de realizar en outubro unha nova inserción entre…

Ler máis

“O modelo educativo quedou desfasado: o problema non é o alumnado con discapacidade, senón o tipo de aula”

A Federación Down Galicia organizou na súa sede este pasado sábado 26 de outubro “Educación Inclusiva: Deseño Universal para a Aprendizaxe e boas prácticas”, unha xornada didáctica e reflexiva que reuniu a máis de 180 profesionais docentes, de orientación e equipos directivos dos centros educativos de infantil, primaria e secundaria de Galicia. A formación, que…

Ler máis

Medra a atención personalizada no Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia, que volta superar o milleiro de accións

O Servizo de Orientación Laboral de Down Galicia acumulou no pasado período 1.321 accións de orientación para un total de 225 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais en busca activa de emprego. Nesta ocasión, contabilizáronse 95 accións de atención personalizada máis que no curso anterior, o que reflicte a tendencia cara un…

Ler máis