Distrubuciones Froiz contrata a dúas persoas da bolsa de emprego de Xuntos para a campaña de Nadal

Desde hai xa varios anos, son moitas as empresas da cidade de Pontevedra e da súa comarca que confían no programa de Emprego con Apoio de Down Pontevedra “Xuntos”. Un claro exemplo é Distribuciones Froiz, que desde os inicios do programa no ano 2002, contrata ano tras ano a dúas persoas da bolsa de emprego…

Ler máis

A Fundación Once e o Fondo Social Europeo apoian a inclusión laboral das persoas coa síndrome de Down

A Fundación Once, a través da convocatoria xeral 2018 de axudas económicas no marco operativo de inclusión social e economía social 2014-2020, continúa apoiando o proxecto “Talento profesional de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual” que Down Galicia leva a cabo na comunidade autónoma. Esta achega está cofinanciada polo Fondo Social Europeo dentro…

Ler máis

Gran esforzo e moita ilusión no proceso selectivo de persoal funcionario subalterno da administración autonómica

O pasado 1 de decembro, 68 persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, membros das sete entidades Down de Galicia, presentáronse ao primeiro exercicio da fase de oposición a persoal funcionario subalterno da Xunta de Galicia. Nesta ocasión o desenlace non foi o esperado, pois soamente 8 persoas, o 12%, conseguiron superar este…

Ler máis

Down Pontevedra Xuntos acolle a exposición “Xoias solidarias” e apoia a investigación contra o cancro

O local de Down Pontevedra “Xuntos” acollerá durante estes días a exposición “Xoias Solidarias – Bos sentimentos de Isaac Díaz Pardo e Carmen Arias na fábrica Celtia” para apoiar a investigación contra o cancro. Estas xoias, deseñadas pola escritora Loli Beloso, están realizadas con anacos de porcelana de Celtia, a fábrica que Isaac Díaz Pardo…

Ler máis