Fundación Inocente Inocente colabora coa inclusión educativa das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais

A Fundación Inocente Inocente vén de premiar o proxecto “Inclusión educativa de alumnado coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais” que Down Galicia presentou á convocatoria 2019 de axudas a proxectos asistenciais da fundación privada. A través desta achega, que ascende aos 15.000 euros, a Federación poderá facilitar a inclusión escolar de 144 persoas…

Ler máis

Down Galicia reclama unha sociedade baseada na igualdade de dereitos no Día da Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade

O pasado 22 de febreiro, o Consello de Ministros do Goberno de España declaraba oficialmente o 3 de maio de cada ano como Día Nacional en España da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade. Esta xornada ten como finalidade a contribución ao coñecemento e difusión desta Convención, así como a toma de…

Ler máis

Case 150 persoas de entidades Down de Galicia estiveron traballando no 2018

Un total de 144 persoas participantes no programa de Emprego con Apoio da Federación Down Galicia, estiveron contratadas en empresas ordinarias da súa contorna durante o ano 2018. Este dato constata a mellora, aínda que lenta, na inserción laboral das persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, xa que o número total de…

Ler máis

A Deputación da Coruña colabora economicamente con dous proxectos da Federación

A Deputación da Coruña colaborou un ano máis con Down Galicia e as súas entidades membro nesa provincia, cunha achega económica de 17.500€ para o proxecto “Emprego con Apoio de persoas coa síndrome de Down e/ou discapacidade intelectual na provincia da Coruña”. Grazas a esta axuda, puideron desenvolverse diversas actuacións no ámbito da inserción laboral…

Ler máis

Down Galicia recibe un dos premios “Cheo de vida” do Consello Regulador do Queixo Tetilla

O Pazo de Quián (Sergude – Boqueixón) foi o escenario escollido polo Consello Regulador da Denominación de Orixe Protexida Queixo Tetilla para entregar o pasado venres os galardóns da primeira edición do seu concurso “Cheo de Vida”. Grazas ao seu proxecto de Atención Temperá, a Federación Down Galicia foi unha das entidades seleccionadas para recibir…

Ler máis