Santiago de Compostela acollerá o XVIII Encontro Nacional de Familias e o X Encontro de Irmáns de persoas coa síndrome de Down

Como xa se anunciou na clausura dos encontros do ano pasado, Santiago de Compostela foi a cidade escollida para celebrar o XVIII Encontro Nacional de Familias e o X Encontro Nacional de Irmáns de Persoas coa síndrome de Down. A cita deste ano, co-organizada por Down España e Down Compostela, terá lugar no Hotel OCA-Porta…

Ler máis

Matriuska Producciones ábrelle as portas do mundo audiovisual a unha persoa con discapacidade intelectual

O produtor de Matriuska Producciones, Daniel Froiz, e o presidente da Asociación Down Pontevedra Xuntos, Manuel Pérez Cabo, asinaron o pasado mes de xuño un convenio de colaboración co fin de promover a integración socio-laboral en contornas ordinarias de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais. A través deste acordo, unha persoa usuaria…

Ler máis

Moito esforzo e dedicación nas probas para a obtención dos certificados Celga

Máis de 200 persoas participaron o pasado mes de xuño nas probas para a obtención dos certificados Celga 2 que se celebraron no IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela. Estas certificacións, dependentes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, permiten acreditar o coñecemento que unha persoa ten do galego a efectos…

Ler máis

Down Galicia contrata a dúas persoas desempregadas a través do Programa de Garantía Xuvenil

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria, facilitou a finais do pasado ano a contratación na Federación Down Galicia de dúas persoas desempregadas acollidas ó programa de Garantía Xuvenil. Esta axuda estivo cofinanciada nun 91,89% polo FSE e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de…

Ler máis