OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

A ONU aprobou en 2015 a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible e, con ela, os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). É unha chamada mundial para adoptar medidas que acaben cos grandes problemas do mundo: da desigualdade ao medio ambiente, pasando pola saúde ou o traballo digno, entre outros.

 

O PAPEL DAS ONG NA AXENDA 2030

Para acadar ditos obxectivos, a participación das organizacións da sociedade civil é fundamental.

As ONG teñen un papel protagonista, xa que son un dos maiores motores sociais que, xunto coa política, pode contribuír a lograr as metas.
A función das ONG baséase no desenvolvemento de proxectos e programas que, por exemplo, reduzan desigualdades ou apoien a colectivos vulnerables.

 

COMO CONTRIBUÍMOS AOS OBXECTIVOS?

Down Galicia contribúe aos ODS de xeito planificado. Primeiro, identificando sobre que obxectivos ten capacidade de influencia e, seguidamente, desenvolvendo accións e programas que contribúan a acadalos.

Así, para maximizar a aportación aos ODS, foi necesario definir as prioridades do Movemento Down, medindo os seus impactos reais e potenciais.
Ademais, foi fundamental integrar o marco da Axenda 2030 no seu traballo diario.

 

QUE OBXECTIVOS APOIAMOS?

A Federación e as súas entidades colaboran en 7 dos 17 obxectivos:

 

QUE APORTAMOS AOS OBXECTIVOS?

 

Consulta aquí o díptico informativo “Contribuíndo aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible” de Down Galicia.